Vibrante partido o de onte(93-77) no que os letons puxéronnos as
cousas un pouco mais complicadas que a débil Portugal. Hai que ver como as
enchufaban de tres!!! e que defensa mais dura. Pero pronto Pau(26) botouse o
equipo ao lombo e tirou para arriba . Fáltalle a este equipo ás veces
un pouco de Bomba(navarro) e iso que onte Rudy(20) fíxoo francamente ben.
Pola súa banda Garbajosa(10) vai collendo minutos e aínda que segue tendo a
clase de sempre fáltalle algo de ritmo. A destacar tamen a boa actuación de Marc Gasol que bregou moi ben
dentro da pintura.
Por parte letona a destacar as actuacións de Valters (12) con moi bo
tiro, e Biedrins (17) un pivot interesantísimo. Como curiosidade, Kaspar Cipruss, ex – xogador do breogán, non puido en ningún momento cos pivots españois, e como xa o coñeciamos por aquí, tampouco tivo nada destacable en ataque.Comezamos o resumo dos demais partidos de onte con Anthony Parker, que anotou 36 puntos contra Italia, pero é que o partido acabou cun tenteador (69-62) que, por outra banda e moi baixo, e pon aos italianos en moi mala posicion para clasificarse pra segunda fase, enfróntase a Polonia. Este encontro vai ser definitivo o que gañe seguirá e o que perda marcharase á súa casa(ou de vacacións).
A seleccion de Rusia, xa está clasificada para os oitavos de final, que superou a Israel (90-56) con bastante flacilidade despregando un bo xogo e colándose entra as favoritas.
Por outra banda, Grecia, que é o actual campeon, pasouno moi mal para terminar gañado a Serbia (68-67). A correúda Grecia, que non adoita afectarlle a presión, viuse sorprendida por un extratosferico tripla de Gurovic (14 puntos) sobre a bocina que forzou a prórroga. De todos os xeitos os gregos non cometeron dúas veces o mesmo erro, e Papadopoulus na última posesión do tempo da prórroga colocoulle unha ‘chapa’ a Marco Jaric. Unha pena o dos serbios, que aínda non gañaron, e teñen que facelo esta tarde, israel, para clasificarse para oitavos de final. O que gañe clasifícase.
Croacia, rival de españa esta noite, 21.30, a secta¡¡ tivo que xogar forte despois do descanso para poder gañar a Portugal (90- 6 8) que sempre aguanta ata o final do segundo cuarto, pero que despois se desinfla. A segunda xornada tamen deixou estes resultados para os que se lean todo o tocho. Lituania está forte, gañou á República Checa por 20 (95-75). Alemaña engrasou a maquina e deulle un repaso a Turquía (79-49), supostamente unha das favoritas, que xa non o é tanto. Eslovenia quizáis si poida ser a sorpresa verdadeira, despois do fracaso de israel, os eslovenos están en forma, e gañaron a Polonia (70-52).
Os líderes estatísticos son os mesmos que na xornada de onte, dominan, dirk en puntos, kirilenko en rebotes, e jasikevicius en asistencias.
Comezou o eurobasket, e como era previsible primeira vitoria de españa, ante unha frouxa portugal, (só 1 xogador ACB). Bastante fixeron os portugueses aguantando o primeiro cuarto(21-13) creo recordar. A partir do segundo cuarto, 5,30 minutos sen anotar levoulles a cabarse a súa propia tumba. Por parte de españa, debut de garbajosa, con moitos minutos para gañar forma física e partidos de competición logo de máis de 6 meses de lesión. O mellor por parte de españa, gasol con 19 puntos 4 rebotes 3 asistencias e 1 tapón. Por parte dos portugueses Joao Santos (Grupo Capitol Valladolid) con 9 puntos.Como curiosidade, decir que és te era o primeiro partido de portugal logo de 51 anos sen disputar o eurobasket. Oxalá gañemos con esa vantaxe a alemáns ou franceses ou italianos…, teremos que esperar.
Destacar tamén á marxe do partido de españa, a gran actuación de Dirk Nowitzki con 35 puntos 11 rebotes 2 tapóns e 1 recuperacion, a pesar de ter que gañar ná prórroga á república checa de Jiri Welsch(Unicaja *Malaga), que con 22 puntos estaba destacando. O súa eliminacion por 5 persoais fíxolles perder bastantes opcións de gañar o partido.
Outro partido moi interesante foi o de grecia con israel, clasificada no último momento, na que os actuais campións de europa non se atoparon cómodos. Ao final vitoria dos gregos por 10 puntos.
Outra das favoritas ao título, italia, xa sufriu a súa primeira derrota. Do mesmo xeito que os turcos, tamén outra das seleccións que chegaba como favorita ao torneo.
O próximo rival, ésta noite, 21.30 (A Sexta) é Letonia, que onte, liderada por un gran e semidesconocido Armands Skele (Letonia) Barons Riga. O partido comezou con moitas imprecisións, con bastantes nervios e os dous equipos alternaron vantaxes pouco siginificativas. Despois do descanso a diferenza na efectividade desde a liña de 6,25, 25% para croacia, e un 65% para letonia decantou definitivamente o partido para os letones que suman a súa primeira vitoria no campionato.
Por croacia o mellor xogador mario kasun (Barça) con 18 puntos.
Os líderes estadíticos son:
Líder Anotacion: Dirk Nowitzki (Alemaña) Dallas Maveriks 35.0 puntos x partido
Lider Rebotes: Andrei Kirilenko (Rusia) Utah Jazz 12.0 rebotes x partido
Líder Asistencias: Sarunas Jasikevicius (Lituania) Golden State Warriors 7.0 Asistencias x partido
Esta noite máis e mellor. Chega letonia.
Esta foi a miña crónica, se non vos gustou podedes ler esta: *http://www.sport.es/*default.*asp?*idpublicacio_*PK=44

Replicantes…