Set 07
-->

Xa que estamos cos tema do concello, buscando, e lendo…, lendo máis… que bon é ler…¡¡¡  atopei esto, que tamén podes ver a noticia en emagister, unha plataforma dedicada a educación a distancia con informacion de muitos centros asociados por toda a xeografía.

Edicto(RESUMO):


BASES XERAIS DA CONVOCATORIA CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO DO ANO 2006

A Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o día 14 de agosto de 2007, aprobou as bases xerais e específicas que van rexer a convocatoria para a provisión polo sistema de concurso-oposición, dunha praza de operario de servizos múltiples, incluída na oferta de emprego para o ano 2006.
Castroverde, 20 de agosto de 2007.- O Alcalde-Presidente, Xosé Mª Arias Fernández.
E esto é o que se debería de saber:Versará sobre o seguinte temario:
1.- Operacións matemáticas básicas: sumas, restas, multiplicacións e divisións.
2.- Cálculo de porcentaxes.
3.- Cálculo de áreas.
4.- Cálculo de volumes.
5.- Sistema métrico decimal.
6.- Medicións.
7.- Interpretación de planos e proxectos sinxelos.
8.- Tipos de materiais propios dos servizos de abastecemento de auga e alcantarillado.
9.-Tipos de materiais propios do mantemento, conservación, reparación e mellora de vías públicas.
10.- Coñecemento xeográfico do Concello de Castroverde.

9.- Presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Pois nada, que se estades interesados, xa sabedes, tedes que bulir¡¡ Tódala informacion, se estads interesados, que supoño que vos darán, no Concello de Castroverde.(Pz. Do Concello)

As bases completas, no link do principio, ou lendo o B.O.P. da provincia de Lugo.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Set 07
-->

Copio no blog, a modo informativo, a resolución da inviabilidade do PXOM(Plan Xeral de Ordenación Municiapl) do Concello de Castroverde. Se alguén está interesado en velo completo, pode facelo pinchando aquí en formato PDF ou aquí en versión HTML. Se non tes claro a diferencia, pincha enriba deste link.

 A verdade e que hai cousas mui interesantes que se poden ver. Non volo perdades.

4. RESOLUCIÓN                                                                                                                           Resolvo declarar a inviabilidade do sometemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Castroverde, aprobado provisionalmente o 30 de novembro de 2006 no Pleno do Concello e cunha posterior modificación aprobada no Pleno do 28 de abril de 2007, ós tramites previstos no artigo 7 da Lei 9/2006, do 28 de abril, sen que isto exima ó concello de cumpri-los requisitos legais xa indicados na presente resolución e nos informes sectoriais recibidos.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2007

O Director Xeral de Desenvolvemento Sostible

Asdo.: Emilio Manuel Fernández Suárez

Xosé María Arias defendeu o texto e dixo: «Imos demostrar -argumentou- que ou noso plan pretende un urbanismo razoable. Isto non é A Mariña nin as Rías Baixas. Estamos na área metropolitana de Lugo e ou concello ten que ter posibilidades de futuro».

Pola súa banda, o portavoz do BNG, Pablo Ferreiro Tallón, preguntouse polos «intereses ocultos» do rexedor ao insistir en manter os chans urbanizables do PXOM pese ao informe negativo da Xunta. Tamén podes ver a resolucion no diario oficial de galicia.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Set 07
-->

Unha pequena axuda, pra cando facemos algunha busqueda no google, por exemplo, e non temos claro en que formato visualizalo, eiqui vai unha axuda.

- PDF   (do inglés Portable Document Format, Formato de Documento Portátil) é un formato de almacenamento de documentos, desenvolvido pola empresa Adobe Systems. Está especialmente ideado para documentos susceptibles de ser impresos, xa que especifica toda a información necesaria para a presentación final do documento, determinando todos os detalles de como vai quedar, non requiríndose procesos anteriores de axuste nin de maquetación. Cada vez utilízase máis tamén como especificación de evisualización, grazas á gran calidade das fontes utilizadas e ás facilidades que ofrece para o manexo do documento, como procuras, hiperenlaces, etc.

- HTML é o acrónimo inglés de HyperText Markup Language, que se traduce ao galego como Linguaxe de Marcas Hipertextuales. É unha linguaxe de marcación deseñado para estruturar textos e presentalos en forma de hipertexto, que é o formato estándar das páxinas web. Grazas a Internet e aos navegadores como Internet Explorer, Opera, Firefox, etc. o HTML converteuse nun dos formatos máis populares e fáciles de aprender que existen para a elaboración de documentos para web.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp