HDD regenerator é unha utilidade de Dimitry Primochenco (Rusia) que recupera información de sectores defectuosos do disco duro. Este home debía de vivir en Siberia ou por aló lexos do mundo, e ao estropearselle o seu hd(disco duro), no canto de ir a Moscú a por un novo púxose a fedellar con él, co que creou éste programa . Ante todo dicir que HDD Regenerator non fai milagres e non sempre pode recuperar o contido de sectores danados.
¿Como é posible esto? O creador de HDD Regenerator, asegura que un 60% dos sectores danados débense a unha mala magnetización da superficie do disco, este programa é capaz de ler os datos de sectores danados desta forma e inducirlles o magnetizado correcto, noutras palabras, repáraos.
Para Windows NT, 2000 e XP crea un disco de regeneración, así que terás que ter a man un disquete. A explicación de como funciona, por enriba, é sinxela, ao parecer cando se “estropea” un hd(disco duro) pode ser de dúas formas(bo, realmente tres(mecánica)), unha físicamente que o scandisck recoñece como erro físico do hd ou magnéticamente que o scandisck tamén recoñece como fallo fisico. O caso é que ao tal Dimitry, lle debeu pasar o que ao meu disco, que se lle foi a luz ( en Siberia xa se sabe, igualiño que por masoucos). O programa o que fai é testear o hd e comprobar que todos os sectores están perfectamente magnetizados, en caso de atopar algún sector en mal estado “reseteao”.
Ao final de todo o proceso ( que tarda +/- como un scandisck de superficie normal) aparécenche o número de sectores defectuosos atopados e o número deles que foi capaz de restablecer, se coincide é máis que probable que se solucionou o problema, se non é así, deberase a que realmente hai danos físicos.
Fonte orixe(en inglés): O de siberia, o creador

2007-10-10 at 10.57 a.m.
[...] Mellor mira éste link, que terás máis posibilidades de solucionar o teu problema: HDD regenerator. [...]