Unha nova restauración en Vilabade. Aduaneiros sen fronteiras vs Yolanda castaño
out 17

Todo estaba preparado, cun gran ambiente nos arredores do palacio dos deportes da comunidade de madrid, pra ver o mellor baloncesto posible.

 CCD16102007pabellon  O partido, a gran final, comezou cun bon ritmo de partido, e dous equipos correndo ben a cancha. Con calderón moi ben desde os 6,25, e onde pepu moveu o banquiño, para non pasar apuros físicos logo do desgaste na semifinal, fronte os gregos. O final do primeiro cuarto, con canasta de carlos cabezas, 22 - 11.

CCD16102007semifinal  Xa no segundo cuarto, con máis problemas para anotar nesta fase do encontro na que os homes adestrados por David Blatt apertaron en defensa e Kirilenko empezou a mostrar as garras e os rusos foron limando aos poucos a diferenza para achegarse moito no marcador ao intermedio (34-31).

 CCD16102007enparexa  As canastras de tres puntos arranxaban a baixa porcentaxe dos anfitrións nos tiros de dous pero Rusia mantíñase o ladiño no marcador. A terceira falta de Kirilenko obrigou a Blatt a sentar no banco ao xogador de Utah Jazz nos últimos minutos dun terceiro cuarto no que España tampouco puido marcharse no electrónico (49-46).

CCD16102007ambientederrota  O veterano Zakhar Pashutin puxo o silencio no Palacio cun triple que empataba o partido no comezo do último cuarto. Holden anotaba a continuación para dar aos rusos a súa primeira vantaxe na final (49-51). De novo Jorge Garbajosa apareceu desde 6,25 para arranxar as cousas e espertar á afección. O partido entrou nun longo soño do que non sairía ata cinco minutos para o final cunha canastra máis tiro adicional de Pau Gasol. O de San Boi non estaba acertado desde a liña de tiros libres e isto impedía que España abrise brecha no electrónico ante o desacerto ruso. Todos os balóns eran para o xogador de Memphis Grizzlies que sacaba tallada das catro faltas de Kirilenko e da incapacidade dos homes altos de Rusia para frearlo. Pero os tres puntos de vantaxe a un minuto para o final puñan o partido no fío. Unha canastra de Morgunov deixaba Rusia a un punto. Un roubo de balón de Holden e a posterior canastra convertida por el mesmo a dous segundos para o final puxeron o definitivo 59-60. Aínda tivo Un tiro final de Gasol sobre o tempo cumplido foi cuspido polo aro negando a posibilidade de proclamarse campiona de Europa na súa sexta final europea.

CCD16102007Nowitzki CCD16102007Marcos&Montes CCD16102007Nowitzki CCD16102007marcadorfinal CCD16102007fato CCD16102007de festa CCD16102007escenario CCD16102007margasol CCD16102007excompañeira

ESPAÑA 59 - RUSIA 60

ESPAÑA, 59 (22-12-15-10): Pau Gasol (14), Rudy Fernández (5), José Manuel Calderón (15), Felipe Reyes (5), Carlos Jiménez (5) cinco inicial- Carlos Cabezas (2), Juan Carlos Navarro (1), Sergio Rodríguez (0), Berni Rodríguez (0), Marc Gasol (5), Alex Mumbrú (0) e Jorge Garbajosa (8).

RUSIA, 60 (11-20-15-14): Holden (8), Kirilenko (17), Samoylenko (0), Khryapa (7), Savrasenko (10) cinco inicial- Morgunov (4), Pashutin (3), Monya (3), Ponkrashov (8) e Padius (0).

                                       

Faltou ben pouco, para a revancha pero finalmente la Selección Femenina non puido tampouco remontar a desventaxa ante Rusia e caeu por 68-74 na final do EuroBasket de Italia. A pesar deso, ofreceu unha sensacional imaxen e colgouse unha medalla de plata que ben pode saber a ouro(non coma a masculina), xa que supon a cuarta medalla consecutiva da Selección Femenina nun Europeo (1 plata e 3 bronces), e terá a opción de gañar una plaza para os Xogos Olímpicos de Pekín no próximo Preolímpico. Amaya Valdemoro foi   MVP do torneo e forma parte do quinteto ideal.

  CCD17102007bettycata (Cata pollini e bety cebrián no eurobasket masculino) 

Chuzame! chúzame -

Deixa a túa resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word