“Castigar con la cárcel los delitos de tráfico envía un mensaje de rigor al ciudadano ” Pere Navarro.
E por favor non o tomades como exemplo:
“Castigar con la cárcel los delitos de tráfico envía un mensaje de rigor al ciudadano ” Pere Navarro.
E por favor non o tomades como exemplo:

Atopámonos no ano 1990. O Obradoiro e o Júver Murcia xogabanse o ascenso a liga ACB. Na pista gañou o Júver Murcia e sería éste equipo o que subiría de categoría. Sería unha eliminatoria normal, pero non foi así. O Júver Murcia tiña nas súas filas a un xugador arxentino, Esteban Pérez Beltrán, que realmente chamábase Esteban Pérez Spatazza, e xugou con pasaporte falso. O Obradoiro demostrouno nos tribunais, pero non conseguiu que a Federación atendera a súas reclamacions.
Pasaron anos, pero o Obradoiro non quixo darse por vencido, aínda que o proxecto deportivo non era mui alentador, e así xurdiron outras apostas en santiago, como o Rosalía, Peleteiro. Así íbanse acumulando sentenzas que lle eran favorables (no 2003 atesoraba xa ata 4). Foi precisamente nese ano 2003 no que a Sala Novena do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid decidiu que a liga dese ano debería ser paralizada ata que o Obradoiro non fora reincorporado a mesma. Podería parecer que era o final, pero non foi así. A ACB, pedíalle que pagara o canon que lle correspondía no 2003, uns 2,4 millons de €, que sabían que non poderían pagar, e unha auditoria das súas contas. Non superou as condicions de acceso, pero seguiu peleando. O Obradoiro non estaba dacordo. Quería pagar o canon de 1990: uns 630.000 euros. Por ese motivo, decidiu plantexar un recurso de casación.
Actualmente o Obradoiro milita na Primera División masculina Galega. E o seu nome cambiou pouco, Optica Val Obradoiro.
O final da súa luita por un lugar na liga ACB está cerca. A recente sentencia do Tribunal Supremo obriga a ACB a que readmita o conxunto de santiago para a próxima tempada baixo as condicions de 1990.
E que pasará se o ano que ven o Obradoiro é equipo ACB? Plantéxanse muitas posibilidades que afectarían tanto os equipos actuais de ACB, como de rebote os equipos que militan en LEB Oro, Plata, pero este xa é outro tema, que falaremos noutro post.
Seguro que continuará…
Terceira victoria consecutiva do Ferroagua Gruas Novo no campeonato sénior de fútbol 7. Desta volta foi contra o Penique, na sétima xornada, por un axustado e sufrido 5-4. Esperamos seguir na racha positiva. Podes seguir todolos resultados na wed do deportivo.
A clasificación antes do partido de onte, queda así:
Clasificación: 1. Playa Club, 18 puntos; 2. Ite Caixa Galicia, 12 puntos; 3. Nebril Forestal, 11 puntos; 4. Peña Sada e Ferroagua Gruas Novo, 9 puntos; 6. Penique e Antalsis SCR, 6 puntos; 8. Grupo Puentes, 4 puntos; 9. Carretes, 3 puntos; 10. BTA2, 1 punto.
Esta semana, sétima de Liga, ten este calendario:
Luns 26 de novembro: 21.30: Ferroagua Gruas Novo – Penique (5-4)
Martes 27 de novembro(Hoxe): 21.00: Antalsis SCR – Playa Club e ás 22.00: Nebril Forestal – Ite Caixa Galicia
Mércores 28 de novembro: 21.30: Peña Sada – Grupo Puentes
Xoves 29 de novembro: 21.30: BTA2 – Carretes
Por outra banda agora toca dar os parabens o futbol sala xa que son tetracampeons de europa, o pasar por riba de Italia por (1-3), que foi incapaz de superala defensa diseñada por Xosé Venancio López, adestrador do Autos Lobelle, e tamén seleccionador.
Os campeons de Europa e do Mundo non dudaron en impoñer o ritmo e estilo de xogo que máis lles conviña. Así, xa no minuto 8, un gol de marcelo, xogador do Azkar Lugo, inaugurou o marcador co que puxo en ventaxa o equipo, que xa non perderían ata o remate.
A pesar do éxito, algo está a acontecer, xa que o partido so se puido ver polo canal dixital de tele5, tele 5 sport, ou por eurosport, a pesar de que é un dos deportes máis praticados e con máis licenzas do país. A Liga Nacional é a mellor do mundo, como os xogadores da selección. Pero, algo falla, porque o aficionado non se engancha.
Por último falar tamén dos actuais campeons de europa, pero neste caso de voley, que están a disputar o campeonato do mundo, aínda que non con muita fortuna polo de agora, nun sistema de competicion pouco habitual, onde todos se enfrentan a todos, e os tres primeiros irán os xogos olímpicos de Pekin. Polo de agora marchan nun pouco alentador octavo posto. Esperemos unha mellora, e moita sorte.
Veño de ver este fin de semana e por primeira vez o video: ‘Onde vivimos importa‘ unha campaña feita pola conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes que busca a complicidade dos cidadáns na ordenación e desenvolvemento de Galicia, aínda que eu creo que máis que os cidadán deberíanlle enviar a algún que outro constructor.A primeira das historias recrea unha situación imaxinaria na que se tenta reproducir o caos e a incomodidade que supón vivir nunha casa na que nada está colocado no seu sitio: o sofá de cara á parede, unha libraría diante dunha porta, a lavadora a dous metros de altura, o retrete baixo o lavabo,… Unha situación que pretende levar a unha reflexión sobre a importancia que ten cada unha das actuacións sobre o territorio e, polo tanto, a necesidade de planificar e ordenar as nosas vilas e cidades co fin de que ofrezan unha maior calidade de vida aos seus habitantes.
Espero que no concello viran este video antes de poñerse a redactar o PXOM, para que castroverde teña unha boa ordenación do territorio, e non nos pase coma no video.
(El progreso)M.M. ❚ LUGO. La revisión del PXOM salió adelante con la abstención del PP y el rechazo del BNG❚ La última modificación que sufrió el Plan de Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM) de Castroverde fue aprobada en el pleno extraordinario de ayer con los únicos votos a favor del grupo de gobierno, del PSOE, que cuenta con una holgada mayoría de siete ediles. El PP, con tres concejales, se abstuvo, y el único representante del BNG votó en contra. Los populares no quisieron pronunciarse porque, según indicaron en el pleno, no estaban en la corporación cuando se desarrolló el plan. Por su parte, Pablo Ferreiro Tallón, edil del BNG, manifestó que el documento no plantea cambios sustanciales respecto a la versión que se envió inicialmente a la Dirección Xeral de Urbanismo y que mantiene “grandes áreas de solo urbanizable” que no comparten. Ferreiro añadió que al mantener algunas de las que la Xunta criticó y otras no “discrimínase ós veciños”. No obstante, el PXOM salió adelante con los votos del PSOE, y la Xunta valorará ahora si los cambios realizados son suficientes para darle la aprobación definitiva. El alcalde, José María Arias, manifestó su confianza en que salga adelante, a pesar de que se han defendido aspectos que Urbanismo criticó en su informe. Sin embargo, el regidor planteó ya estas cuestiones con anterioridad a la revisión del PXOM al departamento autonómico.
Un pésimo arbitraxe determinou o empate a dous goles entre o Castroverde e Meira na xornada número 12, da Terceira Rexional.
O partido disputado no Campo Das Gandaras tuvo o seu momento determinante cando o árbitro non pitou un claro penalti co 1 -0 a favor do castroverde e pouco antes do final do primeiro tempo.
O partido comezou cos dous equipos motivados, e cos plateamentos claros por ambas partes, o castroverde replegado e o meira intentadoo con centros frontais que pouco peligro levaron nesa primeira parte. Así o pouco do comezo un rechaze a saída dun corner, e o posterior remate e salvado polo porteiro visitante. O castroverde chegaba con máis claridade neste primeiros compases e o meira estaba desaparecido, e dominou moi pouco tempo o centro do campo, onde o castroverde, con dous homes de ataque coma Richar e Gelo, sí o fixo durante o un maior tempo nesta primeira metade. O Meira intentabao con futbol directo, e o castroverde con contrataques letales e continuos.
Mediada a primeira parte, un deses contraataques, cun moi bo pase de richard e aproveitado por Rafa, que polo primeiro pao, marca o primeiro gol para os locais. O partido non variou de rumbo e chegouse o descanso coa vistoria parcial.
No segundo tempo esperabase un partido bronco, e duro, e así foi, xa que o Meira rematou o partido con dous homes menos. Decaeu o ritmo de xogo e o partido volveuse cansino.
Salvo en dúas ocasions, nas que un mal entendemento dos defensas locais propiciou o empate.
Poucos minutos despois chegou a prmeira expulsion do partido, o lateral dereito, sito, fai un clara falta e recibe o segundo cartón amarelo. O Meira quédase con dez xogadores, pero o Castroverde non é superior. Pouco despois un pase de Tacho, a espalda da defensa e aproveitado por héctor para marcar por riba do porteiro. Ventaxa local, e moitos minutos por diante. O partido sigue a ser bronco, e nunha protesta o árbitro expulsa o lateral esquerdo, por insultos. A pesar de contar con dous homes emnos, o Castroverde non ata o partido, e nunha falta frontal que non atina a despexar ningún defensa colase na portería e supón o empate a dous goles. A partir dese momento os equipos estaban xa resignados o empate, tanto polo cansancio como polo árbitro.
Outro partido máis no que non se mereceu a derrota, con boas acasions, pero que non se soubo matar o partido.
Os destacados? Espero comentarios…
Castroverde: 1. César, 2. Iván, 3. Óscar, 4. Pere, 5. Manolo, 6. Gelo, 7. Tino, 8. Luis, 9. Héctor, 10. Richard, 11. Rafa. Tamén xugou: 12. Chino
|
Resultados |
|
| S. Ciprián – T. Miño | 5 – 1 |
| Catro Roldas – Momán | 2 – 0 |
| Candelaira – Codesido | 3 – 1 |
| Castroverde – Meira | 2 – 2 |
| Cazas – S. Román | 0 – 3 |
| Matela – Celta | 1 – 1 |
| Folgueiro – Abadín | 3 – 1 |
|
Próxima xornada |
|
| Sacido-S. Ciprián | |
| T. Miño-Catro Roldas | |
| Momán-Candelaira | |
| Codesido-Castroverde | |
| Meira-Cazas | |
| S. Román-Matela | |
| Celta-Folgueiro | |
| Abadín (descansa) | |
|
Clasificación(Equipo) |
J |
G |
E |
P |
GF |
GC |
Ptos |
| 1. S. Ciprián | 11 | 8 | 2 | 1 | 38 | 14 | 26 |
| 2. Folgueiro | 11 | 7 | 3 | 1 | 21 | 6 | 24 |
| 3. Sacido | 11 | 7 | 2 | 2 | 26 | 7 | 23 |
| 4. S. Román | 11 | 7 | 2 | 2 | 23 | 12 | 23 |
| 5. Celta | 11 | 7 | 1 | 3 | 26 | 10 | 22 |
| 6. Matela | 11 | 5 | 3 | 3 | 17 | 16 | 18 |
| 7. Meira | 11 | 5 | 3 | 3 | 17 | 22 | 18 |
| 8. Castroverde | 11 | 4 | 2 | 5 | 20 | 28 | 14 |
| 9. Cazas | 11 | 4 | 1 | 6 | 20 | 27 | 13 |
| 10. T. Miño | 11 | 3 | 3 | 5 | 16 | 25 | 12 |
| 11. Candelaira | 10 | 3 | 2 | 5 | 15 | 18 | 11 |
| 12. Momán | 11 | 2 | 4 | 5 | 11 | 16 | 10 |
| 13. Catro Roldas | 11 | 3 | 0 | 8 | 9 | 17 | 9 |
| 14. Codesido | 11 | 2 | 2 | 7 | 15 | 22 | 8 |
| 15. Abadín | 11 | 0 | 0 | 11 | 10 | 44 | 0 |
Replicantes…