“Castigar con la cárcel los delitos de tráfico envía un mensaje de rigor al ciudadano ” Pere Navarro.
E por favor non o tomades como exemplo:
“Castigar con la cárcel los delitos de tráfico envía un mensaje de rigor al ciudadano ” Pere Navarro.
E por favor non o tomades como exemplo:

Atopámonos no ano 1990. O Obradoiro e o Júver Murcia xogabanse o ascenso a liga ACB. Na pista gañou o Júver Murcia e sería éste equipo o que subiría de categoría. Sería unha eliminatoria normal, pero non foi así. O Júver Murcia tiña nas súas filas a un xugador arxentino, Esteban Pérez Beltrán, que realmente chamábase Esteban Pérez Spatazza, e xugou con pasaporte falso. O Obradoiro demostrouno nos tribunais, pero non conseguiu que a Federación atendera a súas reclamacions.
Pasaron anos, pero o Obradoiro non quixo darse por vencido, aínda que o proxecto deportivo non era mui alentador, e así xurdiron outras apostas en santiago, como o Rosalía, Peleteiro. Así íbanse acumulando sentenzas que lle eran favorables (no 2003 atesoraba xa ata 4). Foi precisamente nese ano 2003 no que a Sala Novena do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid decidiu que a liga dese ano debería ser paralizada ata que o Obradoiro non fora reincorporado a mesma. Podería parecer que era o final, pero non foi así. A ACB, pedíalle que pagara o canon que lle correspondía no 2003, uns 2,4 millons de €, que sabían que non poderían pagar, e unha auditoria das súas contas. Non superou as condicions de acceso, pero seguiu peleando. O Obradoiro non estaba dacordo. Quería pagar o canon de 1990: uns 630.000 euros. Por ese motivo, decidiu plantexar un recurso de casación.
Actualmente o Obradoiro milita na Primera División masculina Galega. E o seu nome cambiou pouco, Optica Val Obradoiro.
O final da súa luita por un lugar na liga ACB está cerca. A recente sentencia do Tribunal Supremo obriga a ACB a que readmita o conxunto de santiago para a próxima tempada baixo as condicions de 1990.
E que pasará se o ano que ven o Obradoiro é equipo ACB? Plantéxanse muitas posibilidades que afectarían tanto os equipos actuais de ACB, como de rebote os equipos que militan en LEB Oro, Plata, pero este xa é outro tema, que falaremos noutro post.
Seguro que continuará…
Replicantes…