…(II)Está alguén interesado nesto?. Eu penso que si.
O igual que pasou xa fai tempo cos augardenteiros, ca destilería da caña de cada casa, para logo poder sacar un “orujo de Galicia” amparado baixa unha D.O. protexida. Todo era compatible sen facer ese estrago. O igual pasará cos muíños tradicionais. A pena é que xa non queda ningunha persoa nova que siga, pero tampouco ían deixar as grandes industrias da fariña co pretexto de que si é antihixiénico etc… pois anque parecía que non, sacáballe cota de mercado de cara a pequenas panaderías. O mesmo están perseguindo as grandes cooperativas productoras de ovos, que buscan a eliminación da venta de ovo de curral en feiras e prazas para coller un novo mercado que antes lles era imposible de entrar coa aparición de novos etiquetados nos seus produtos. Todo elo nun tempo no que premia a seguridade alimentaria e no que cada vez preocupa máis o que comen os nosos fillos que sexa equilibrado, pois eu digo que moito tiñan que aprender tanto de seguridade alimentaria as grandes industrias, pois fáltalles o que se chama
compromiso e o bo facer, así como a calidade nos produtos que a xente produce para si e venden os seus excedentes. Con esto non digo que non sexa necesario unha industria, inda diría máis debería de fomentar a súa aparición, pero que as nosas industrias destacasen sobre as doutras zonas pola súa calidade esa calidade e prestixio que poden recoller da nosa historia. Todo é compatible.
O que necesita o noso campo é industrialización, si, pero do campo, non de catro xa existentes que acaparen o mercado. Se queremos que a xente se quede, e a que xa está continúe teremos que aumentar a autoestima, que se sintan identificados. Parece mentira e curioso que fose unha industria a que por medio dun anuncio televisivo nos abrise os ollos do que somos, das nosas “manías” e ditos, costumes e curiosidades que facemos por ser quen somos. Por suposto que o seu interese non está na mensaxe principal do anuncio de vivir como galegos e levantar o noso peito, o conto principal son as imaxes que saen dunha neveira chea de produtos que o consumidor identifica coa marca. Certa manipulación dos sentimentos? Cada quen …
- Continuará…(un de tordea)…
percutor que se crava na testa do porco, principalmente por ser o máis coñecido). Obrígase por temas de benestar animal principalmente… e digo eu, o benestar animal está moi ben, pero compartiredes comigo que normalmente nunha matanza nunha casa o porco trátaselle ben, simplemente se lle priva dos seus movementos, o gandeiro é o principal interesado no bo trato pois deso dependerá que non haxa desgarres musculares e non se perda carne. Este tema do maltrato dos animais sería un tema interesante a tratar pois é curioso que a xente que leva toda a vida co bo facer se lle impoña e se lle persiga coma delincuentes cando por todos é coñecido os últimos casos de “maltratos” animais nos matadoiros, ¿quén os vixía a eles? Ou é que o ter un selo na entrada da porta da xunta xa lles permiten facer de todo portas adentro?. Outro punto positivo que se nos vende é a seguridade do traballador, do matachín, para evitar cortes ou magulladuras. Falso. No método tradicional e actuando con oficio o cocho é inmobilizado completamente antes de ser sangrado, neste novo o cocho debe ser cravado antes de botarlle a man, e logo quen é o gracioso que se acerca pois nun sitio aberto cos tics nerviosos que lle produce a parálise é imposible e moi perigoso. Dinnos que a carne se curará mellor o non estar en tensión os músculos á hora de ser sangrados. Non digo que non sexa certo pois existen estados que coñezo que así o confirman, pero tamén existe o mellor estado, o de miles de cochos matados o longo da vida e xamóns curados. Eu 
Tamén é época dos saborosos cocidos, caldos untosos, días curtos e noites longas detrás da cociña atizándolle o lume, filloas de sangue, magostos churruscados, en definitiva xuntanzas.
Replicantes…