dec 12

'Os países desenvolvidos teñen que reducir colectivamente as súas emisións entre 25 e 40% por baixo dos niveis de 1990 antes de 2020 mediante esforzos nacionais e internacionais', afirmou Francisco Nunes Correia, ministro portugués de Medio Ambiente, que preside actualmente a UE.

O obxectivo da conferencia de Bali é(ou era) lanzar un proceso de negociacións internacionais que desemboquen nun novo acordo internacional para loitar contra o quecemento do planeta a partir de 2012, data en que expira o Protocolo de Kioto, que este martes cumpriu 10 anos.

As negociacións chocan actualmente coa oposición de Estados Unidos -e outros países como Canadá, Xapón e Rusia- a facer referencia na declaración final da conferencia a unha liña directora de reducións en torno ao 25-40% recomendado polos científicos. 

Polo de agora, Groenlandia sofre o maior desxeo en trinta anos ao subir 4º a temperatura.
Total, que máis dá 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Deixa a túa resposta