O colexiado J.L.F.T. tivo que regresar dun partido sen cobrar e cun golpe nas costas, tras ser agredido por un xogador do club Celta Barreiros que, o pasado domingo, enfrontouse á U.D. Folgueiro nun partido da categoría 3ª autonómica da provincia lucense.
Isto sucedeu na pasada xornada, e no acta do partido, o colexiado identificou ao agresor que expulsara previamente e que foi quen lle golpeou "co puño na zona dorsal das costas".
Tamén especificou que, tras finalizar a redacción do acta, dirixiuse ao delegado de campo, José Luís Fanego Ares, para preguntarlle quen lle pagaba os 102 euros que lle correspondían.
Nese momento atopouse con que non lle pagaban, ademais doutros incidentes que relatou. O árbitro suspendeu o partido no minuto 30, co resultado de 0-1 cando expulsou a un xogador do equipo local.
Tamén aclarou no anexo que unha vez no seu domicilio tivo que acudir ao servizo de urxencias do Sanatorio Virxe dos Ollos Grandes "pola intensa dor que padecía".
Baixo a miña opinión, creo que están mui mal afeitos, sobre todo os equipos da costa, a recibir arbitraxes que lles favorecen moito, e este foi un dos casos.
Ademais esta xornada, precisamente o celta, foi o primeiro en deixarse un punto no campo do Abadín. Felicidades para eles por logralo. Seguro que isto lles motiva a seguir con máis forza.

Replicantes…