Montañitas e outras historias O último hit da musica by LageKali
Dec 14

Fágome esa pregunta despois de que Sébastien Loeb abrira un dos debates que facía tempo que estaba no aire: Estamos ante o mellor e máis grande piloto da historia dos rallyes? Eu creo que non, os rivais e os coches non están á altura, pero aínda así, os seus logros asustan; catro títulos consecutivos, igualando o rexistro dos finlandeses Juha Kankkunen e Tommi Makinen. Pero é que ademais, o francés aínda ten tempadas para ampliar esas cifras. Tamén ten a marca de vitorias no Campionato do Mundo de Rallyes, con 36, por diante das 30 do seu rival este ano, Marcus Grönholm.

Ademais, o francés podería conseguir 5 títulos se no 2003 non lle frearan as ansias de vitoria na última carreira para conservar o título de marcas para Citroën. Sébastien quedou a un só punto do noruegués Petter Solberg na xeneral, no que podería ser o seu primeiro título mundial. 

E a pregunta impertinente que eu me fago é, podería Carlos Sainz destacar nestes momentos?

Tiña pensado poñer un video do campeonato do mund, pero xa que o coñezo, é vive máis preto de min poño éste de Cesar Gonzalves(Porto), veciño e colega, no tramo de Narahio, rallye cidade de Narón 2006.

Chuzame! chuzame -

Deixa a túa resposta