Xan 31
-->

Botaremoste de menos, aínda que seguro que tamén o fará será chu lee, que cos seus rebotes fixo que gañaras o cariñoso alcume de Orenga.

Ata pronto, foi un verdadeiro pracer¡

   

Chuzame! A Facebook A Twitter
Xan 30
-->

Aída Valiño (Cidade de Lugo Fluvial), ocupou a terceira plaza na proba inaugural da IV Copa de España Sport Life de Duatlón Cros que se dispotou no ’Parque de la Cantueña’ da localidade madrileña de Fuenlabrada.

Despois da cita de Fuenlabrada, haberá outras catro probas, unha delas o 4 de maio en Castroverde, que tamén será puntuable para o campeonato de España.

Por se alguén non a coñece, máis vale que non, Aída é a deportista máis importante do concello, deixo unha pequena biografía:

Aida Valiño naceu o 23 de xuño de 1987 en Castroverde e é unha das triatletas galegas máis importantes. Integrou a primeira selección galega deste deporte, que debutou internacionalmente na Copa de Europa de Estoril, en 2006. Conformaban o equipo Alberte Trillo, Xavier Gómez Noya e Saleta Castro. Tamén participou na Copa de Europa de Alexandrúpoli (Grecia), con estes triatletas e ademais Antón Ruanova.  

  

Chuzame! A Facebook A Twitter
Xan 29
-->

 O titular ben podería ser certo, pero non, estamos a falar dun novo erro, outro máis, do traductor automátio de a voz de galicia.

O TAU informou de que na madrugada de onte os xogadores Will McDonald, Loito Fernández, Simas Jasaitis e Pete Mickeal sufriron un accidente de coche, sen que ningún deles saíse danado co golpe.

E non, o pivot ferrolán de 2’03, seguirá no TAu, aínda que unha multa seguro que lle caerá, coma os seus compañeiros de ‘viaxe’. 

Ademais estes foron outros dos seús erros, que podes ver en marcus.es:

cre que o servizo postal español se chama Corrédevos

Corrédevos

e «Ti, internauta», personaxe do ano 2006 para a revista «Estafe»

E senón fora pouco,

a gRevista Estafeolfista vallisoletana Carmen Alonso intentará recuperar la tarjeta profesional en la Escuela de Bolonia donde, del 23 al 26 de octubre, realizará un curso que, en caso de aprobarlo, le permitirá continuar en la elite del golf y disputar el Circuito Europeo.

¿E non será que hai un sistema de clasificación que se chama ‘Qualifying School for the 2008 season’? Que traducido: ‘Escola de Clasificación para a tempada 2008’. ¡¡¿Aprobar?!! WTF!! ¿E non será que en inglés ‘pass’ podese traducir por ‘pasar’, ademais de por ‘aprobar’? Que de outra maneira é o correcto neste caso, xa que se refire as 4 voltas que se disputan para decidir qué xogadoras pasan e cales non¡¡¡
 

Chuzame! A Facebook A Twitter
Xan 29
-->

 

Un dos meus enlaces favoritos de blinklist, que de cada pouco visito cando me sae a duda de cales son os topónimos máis frecuentes, e se están repetidos. Gracias a Berto, ou Berto, ou…. muitos máis proxectos, que publicou unha curiosa aplicación que mostra unha representación dos topónimos galegos na forma de nube de etiquetas según a densidade: os que maior número de veces aparecen móstranse cun tamaño de fonte maior e pola contra, os que menos aparecen, cun tamaño máis pequeno de fonte.

Pero o mellor da web é que os resultados están enlazados co Nomenclator oficial da Xunta, permitíndonos localizar cun click os lugares, e podelos identificar facilmente.

Ademáis é un traballo que está dispoñible ‘para todo dios’, a base de datos e tamén o código PHP empregado.

Máis tarde, e supoño que ao redor da páxina de berto, saiu ‘Aquén’. Unha ferramenta de divulgación e consulta que permite coñecer, localizar xeograficamente e visualizar cuantitativamente os topónimos oficiais de Galicia.

Para min máis intutiva a de berto, e moi sinxela de manexar, aínda que quizais máis útil a de aquén.

Espero que comentedes cantas veces aparace o voso lugar preferido, ou onde vivides, ou…(o que esa) porque Masoucos, como vedes, outra vez máis é único¡ 

Chuzame! A Facebook A Twitter
Xan 28
-->

Partido aburrido onde ningún dos dous equipos fixo un bon partido.Mal partido o disputado o sábado en Catro Roldas, no que o castroverde perdeu por 1 -0.

O catro roldas adiantouse no marcador, e xa non permitiu que o Castroverde se achegara a portería local con claridade. A pesar de que os dous conxuntos puideron marcar, ningún foi capaz de facelo, e o que primeiro marcou levouse os tres puntos, neste caso o catro roldas.

Octava derrota en 17 partidos, un bagaxe mui pobre, para poder aspirar a estar nos postos de arriba da clasificación.

Resultados

Meira – S. Román 3 – 2
Codesido – Celta 0 – 3
Momán – Abadín 2 – 0
T. Miño – Folgueiro 1 – 2
Sacido – Matela 6 – 1
Catro Roldas – Castroverde 1 – 0
San Ciprián-Cazas (susp.)

Próxima xornada

S. Román-Codesido  
Celta-Momán  
Abadín-T. Miño  
Folgueiro-Sacido  
Matela-S. Ciprián  
Cazas-Catro Roldas  
Castroverde-Candelaira  
Meira (descansa)  

Clasificación(Equipo)

X

G

E

P

GF

GC

Ptos

1. S. Ciprián 16 13 2 1 48 15 41
2. Sacido 17 12 2 3 44 11 38
3. Folgueiro 17 10 4 3 31 14 34
4. S. Román 16 10 3 3 34 17 33
5. Meira 17 9 4 4 32 32 31
6. Celta 17 8 4 5 32 19 28
7. Matela 17 7 3 7 27 34 24
8. Castroverde 17 6 3 8 28 37 21
9. Momán 17 5 5 7 22 25 20
10. Cazas 16 6 1 9 28 42 19
11. Candelaira 16 5 3 8 20 26 18
12. Codesido 17 4 4 9 25 34 16
13. Catro Roldas 16 5 0 11 13 21 15
14. T. Miño 17 4 3 10 22 36 15
15. Abadín 17 0 1 16 16 59 1

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp