Xan 15

Atopei por casualidade esta especialísima e curiosa web: Proceso por traición a Bellido Dolfos. Trátase dun galego de Vilabade (Castroverde) que dende o século XI é considerado como traidor en Zamora, e a el débeselle o nome de “Puerta de la Traición” nesta cidade castelá. O rei Afonso mandou atalo a catro poldros que o desconxuntaron por matar a Don Sancho. O caso é que case mil anos despois un xuíz zamorano, Federico Acosta, estudiou o caso e cre que Bellido foi un heroe, non un traidor. Logo escribiu unha obra de teatro que non puido estrear porque morreu pouco antes.

 Agora a súa filla publicou unha páxina web, FedericoAcosta.com, en memoria do pai e publica na rede a obra para que os internautas a lean e xulguen. ¿Foi Bellido un traidor ou un heroe?

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comments are closed.

Olark Livehelp