A S.D. Castroverde recibia na ¿inauguración? do campo da 'Veiga do Olmo' o merecido líder da
terceira rexional.
Plantoulle cara, e tivo opcions ata casi o final do partido onde unha contra ben levada polos visitantes sentenciou o partido.Aínda así o castroverde fallou unha pena máxima, Richard, na primeira parte qu
e puido cambiar o rumbo do partido, pero fallou, e o desenlace foi un dous a cero.
O título desta anotación vai adicado o ¿señor? colexiado. Foi capaz de deixar descontento ós dous equipos, cousa pouco probable nesto do futbol. Pero aínda máis increible é que un ¿árbitro? dun nivel tan baixo esté a amargar, trabar, e endurecer(risco de lesións) os partidos. Este é o caso de Noé Rañón Vilela, un chaval que non digo que non o intente, pero debería de formarse noutro tipo de partidos, e non na xa de por si dura, terceira rexional.
P.D. 1 - Tiña pensado falar da renovación das intalacións do campo de fútbol, pero que vos parece se facemos unha a
posta para calcular canto se gastaron?
P.D. 2 - Desde aquí pedir perdón os xogadores do San ciprián, pola falta de auga quente das ¿remodeladas? instalacións do campo d
e fútbol.
P.D. 3- Gracias a Equipos Edycel Intenacional pola súa colaboración na adquisición de
novas equipacións, chubasqueros etc.
|
Resultados |
|
| Celta - Meira | 2 - 2 |
| Abadín - Codesido | 1 - 2 |
| Folgueiro - Momán | 2 - 0 |
| Matela - T. Miño | 2 - 0 |
| Cazas - Sacido | 1 - 5 |
| Castroverde - S. Ciprián | 0 - 2 |
| Candelaira - Catro Roldas | 0 - 2 |
|
Próxima xornada |
|
| Meira-S. Román | |
| Codesido-Celta | |
| Momán-Abadín | |
| T. Miño-Folgueiro | |
| Sacido-Matela | |
| S. Ciprián-Cazas | |
| Catro Roldas-Castroverde | |
| Candelaira (descansa) | |
|
Equipo |
X |
G |
E |
P |
GF |
GC |
Ptos |
| 1. S. Ciprián | 16 | 13 | 2 | 1 | 48 | 15 | 41 |
| 2. Sacido | 16 | 11 | 2 | 3 | 38 | 10 | 35 |
| 3. S. Román | 15 | 10 | 3 | 2 | 32 | 14 | 33 |
| 4. Folgueiro | 16 | 9 | 4 | 3 | 27 | 13 | 31 |
| 5. Meira | 16 | 8 | 4 | 4 | 29 | 30 | 28 |
| 6. Celta | 16 | 7 | 4 | 5 | 29 | 17 | 25 |
| 7. Matela | 16 | 7 | 3 | 6 | 26 | 28 | 24 |
| 8. Castroverde | 16 | 6 | 3 | 7 | 28 | 36 | 21 |
| 9. Cazas | 16 | 6 | 1 | 9 | 28 | 42 | 19 |
| 10. Candelaira | 16 | 5 | 3 | 8 | 20 | 26 | 18 |
| 11. Momán | 16 | 4 | 5 | 7 | 20 | 25 | 17 |
| 12. Codesido | 16 | 4 | 4 | 8 | 25 | 31 | 16 |
| 13. T. Miño | 16 | 4 | 3 | 9 | 21 | 34 | 15 |
| 14. Catro Roldas | 15 | 4 | 0 | 11 | 12 | 21 | 12 |
| 15. Abadín | 16 | 0 | 1 | 15 | 16 | 57 | 1 |

2008-01-22 at 9.34 pm
Tino era necesario que aparecera a miña foto, na referencia o penalti. Deberias poñer a do porteiro que mo parou, que eso si que ten mérito, pararme un penalti, nin Casillas jaja.
2008-01-22 at 9.39 pm
jaja, claro que era necesario, hai que ilustrar ás referencias de texto con fotos.
A foto podesma pasar tí, que é San Porteirín, con festa o 19 de xaneiro en Pereiroá¡¡ jeje ;)
2008-01-23 at 9.11 pm
bueno o castroverde non xogou mal. como ben dice a crónica “plantou cara”.
Pero sen dúbida se o castroverde seguira na liña trazada antes do parón de nadal moito mellor iría. partidos serios contra pastoricense e san lazaro terían que ser a referencia do xogo do equipo.
pero non podo deixar de mencionar a actitude do equipo con respecto a arbitraxe. non se pode consentir que o castroverde volva a dar a imaxe que deu contra o san ciprián. unha imaxe de equipo maleante, barribajero e marrullero que recordaba as peores epocas do equipo de santa comba ou baleira. todo o mundo protesta de vez en cando, pero facelo da forma que o fixo o castroverde nesta última xornada o único que fai e ratificar que o castroverde merece, tristemente, seguir na última categoría.
E cuestión de todos melloralo. Despois os resultados virán.
2008-01-23 at 11.03 pm
Querido e amigo Cannavaro:
Vamos por partes, que dis muitas cousas, e algunhas, por certo, moi interesantes.
Co equipo do sábado posiblemente ganaríamos muitos máis partidos. Cantos? non o sei, pero de seguro que algún máis si. Tampouco sei se serviría para estar en postos de ascenso, pero eso xa é outro cantar; xa que ti me dirás se cada partido saimos(saen) 11 a xogar¡ Porque de 24 fichas, so vamos a xogar 11 ou 14? Que pasa?
Somos capaces de plantar cara a equipos de divisions superiores, e fisicamente mellor traballados, como son os exemplos que ti dis, pero despois que nos pasa na ‘nosa liga’?. Os partidos dan muitas voltas.
Creo que a actitude con respecto a arbitraxe, xa fora do escándalo do ¿árbitro? do pasado sábado, e fruto da impotencia, e buscar un punto cara onde mirar diante do mal xogo, que por outra parte, creo que habería que deixar drasticamente, e non poñelo como disculpa.
Co que amigo Cannavaro, non estou dacordo, e de que o Castroverde merece seguir na última categoría.
Hai muitas cousas por facer, está claro, aínda que os resultados non acompañen. O ascenso de categoria consiguese empezando por pequenos detalles.
__________________________________________________
Adestramentos, implicación, seriedade, e un largo etc.,
__________________________________________________
son algunha cousas das que carecemos, por muito que despois teñamos un dos mellores planteis(seguroo) da terceira, e se queres podes ver reflexado todo esto nas estadísticas do equipo.
Despois teríamos que falar de cousas extradeportivas, árbitros incluidos, está claro. Pero primeiro millor mirémonos a nos mesmos, e melloremos. Despois como tamén ben dis, os resultados virán, de eso tamén estou convencido.
P.D. Estes comentarios tamén forman parte deses pequenos detalles que cambian de facer ‘EQUIPO’ a ser o que se di, unha banda. Alégrome de ver que hai máis opinions dentro do vestuario¡
P.D. 2 Quería facer unha crónica máis amplia do partido, para explicar certas cousas, pero cuestións laborais impedirono.
2008-01-24 at 11.57 am
ozú quillo!!! pero zi parece er beti. y el papel de lopera quién lo hace… no hay emozion… Viva le beti y la virgen de la macarena!!!
2008-01-24 at 12.05 pm
Parecemos o betis, pero só nas camisetas, aínda que o noso presi é a mellor réplica do señor lopera en Castroverde.