Tiña gardada esta entrada desde fai tempo, e por fin hoxe decidinme a falar dun pequeno widget, Feedjit. Feedjit facilítanos dous widgets sen necesidade de rexistros e o único que temos que facer é escoller o código de cada un deles e engadilos no noso espazo web.
Que datos mostra Feedjit?
Indica a bandeira do país do que procede a visita, a cidade e a zona, desde onde entrou, se provén dun buscador ou se polo contrario provén logo de pulsar sobre un enlace nunha web, e a que páxina do teu sitio accedeu. Mostrará as dez últimas visitas.
Na parte inferior hai tres enlaces para acceder a outras funcionalidades. A primeira, Popular Pages Today, mostra unha relación das páxinas máis visitadas no día de hoxe. A segunda, Live Traffic Map, distribúe sobre un Mapa de Google as bandeiras dos visitantes máis recentes, ademais de dúas pequenas fiestras con información sobre as páxinas máis populares e os países que enviaron máis visitas. Un terceiro enlace permite bloquear, é dicir, non rexistrar, as visitas desde o navegador que estás utilizando.
Existe tamén outro widget: un pequeno mapa que mostra a distribución dos últimos visitantes, exactamente dos 100 últimos. O funcionamento é similar ao anterior. Logo de configurar as cores, só tes que pegar o código que che ofrecen nas páxinas do teu sitio.
chúzame - 



Replicantes...