Outro mal partido, e van… Loito Fernandez, novo xogador do TAU
xan 29

 

Un dos meus enlaces favoritos de blinklist, que de cada pouco visito cando me sae a duda de cales son os topónimos máis frecuentes, e se están repetidos. Gracias a Berto, ou Berto, ou.... muitos máis proxectos, que publicou unha curiosa aplicación que mostra unha representación dos topónimos galegos na forma de nube de etiquetas según a densidade: os que maior número de veces aparecen móstranse cun tamaño de fonte maior e pola contra, os que menos aparecen, cun tamaño máis pequeno de fonte.

Pero o mellor da web é que os resultados están enlazados co Nomenclator oficial da Xunta, permitíndonos localizar cun click os lugares, e podelos identificar facilmente.

Ademáis é un traballo que está dispoñible 'para todo dios', a base de datos e tamén o código PHP empregado.

Máis tarde, e supoño que ao redor da páxina de berto, saiu 'Aquén'. Unha ferramenta de divulgación e consulta que permite coñecer, localizar xeograficamente e visualizar cuantitativamente os topónimos oficiais de Galicia.

Para min máis intutiva a de berto, e moi sinxela de manexar, aínda que quizais máis útil a de aquén.

Espero que comentedes cantas veces aparace o voso lugar preferido, ou onde vivides, ou...(o que esa) porque Masoucos, como vedes, outra vez máis é único¡ 

Chuzame! chúzame -

Deixa a túa resposta