Xan 30
-->

Aída Valiño (Cidade de Lugo Fluvial), ocupou a terceira plaza na proba inaugural da IV Copa de España Sport Life de Duatlón Cros que se dispotou no ’Parque de la Cantueña’ da localidade madrileña de Fuenlabrada.

Despois da cita de Fuenlabrada, haberá outras catro probas, unha delas o 4 de maio en Castroverde, que tamén será puntuable para o campeonato de España.

Por se alguén non a coñece, máis vale que non, Aída é a deportista máis importante do concello, deixo unha pequena biografía:

Aida Valiño naceu o 23 de xuño de 1987 en Castroverde e é unha das triatletas galegas máis importantes. Integrou a primeira selección galega deste deporte, que debutou internacionalmente na Copa de Europa de Estoril, en 2006. Conformaban o equipo Alberte Trillo, Xavier Gómez Noya e Saleta Castro. Tamén participou na Copa de Europa de Alexandrúpoli (Grecia), con estes triatletas e ademais Antón Ruanova.  

  

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp