Xan 30

Aída Valiño (Cidade de Lugo Fluvial), ocupou a terceira plaza na proba inaugural da IV Copa de España Sport Life de Duatlón Cros que se dispotou no ’Parque de la Cantueña’ da localidade madrileña de Fuenlabrada.

Despois da cita de Fuenlabrada, haberá outras catro probas, unha delas o 4 de maio en Castroverde, que tamén será puntuable para o campeonato de España.

Por se alguén non a coñece, máis vale que non, Aída é a deportista máis importante do concello, deixo unha pequena biografía:

Aida Valiño naceu o 23 de xuño de 1987 en Castroverde e é unha das triatletas galegas máis importantes. Integrou a primeira selección galega deste deporte, que debutou internacionalmente na Copa de Europa de Estoril, en 2006. Conformaban o equipo Alberte Trillo, Xavier Gómez Noya e Saleta Castro. Tamén participou na Copa de Europa de Alexandrúpoli (Grecia), con estes triatletas e ademais Antón Ruanova.  

  

Chuzame! A Facebook A Twitter

7 Comentarios a “Bo comezo para Aída Valiño”

  1. richi Dixo:

    Hai que fichala po mediocampo, Tino ponte mans a obra, por certo non podo abrir a páxina de mel da anta.

  2. Tino Dixo:

    Fichala sería un punto, porque correr, seguro que corre máis ca nós. Pero teremos que preguntarlle antes o secretario técnico, non?

    http://meldaanta.x10hosting.com/meldaanta/index.php

    Saúdos¡

  3. un de tordea Dixo:

    eu a ela non a coñezo personalmente. si coñezo a súa irmá Iria… máis fai moito tempo que non a vexo pola terra.

  4. Tino Dixo:

    Pois a min presentar, presentar, presentouma súa irmá, e xa fai tempo, nunha festa en castroverde, aínda que claro, ela non creo que se acorde de min XDDD

    Súa irmá, polo que conta no myspace, estivo por nadal na casa, aínda que mellor entra e preguntasllo a ela¡ (hai un enlace na páxina principal)

  5. IriaenLanuBe Dixo:

    guau! agora xa sei! :)

    aida campiona!!! :P

  6. Tino Dixo:

    jeje, menos mal que caiche¡¡ ;)

    Aida campiona¡¡¡ como non¡¡ A min non me importaría facerlle unha entrevista? ;)

  7. Non puido ser Dixo:

    [...] se pudio ser, e Aída Valiño terá que agardar a outra ocasión para poder traerse o título, pero aínda así foi a mellor [...]

Olark Livehelp