Mar 03
-->

También dieron al traste al PXOM de Castroverde (Lugo) las 700 nuevas viviendas por año proyectadas para un horizonte de 12 años, en un territorio con 3.187 habitantes y 1.426 viviendas.

Vista aérea de Santiago  (Ramón Escuredo)

Se como di o correo co PXOM pretendíanse facer 700 vivendas por ano, con unhas contas simples podemos ver que: 700 vivendas * 12 anos = 8400 vivendas máis en tan só 12 anos. É máis, en dous anos duplicaríanse o número de vivendas no concello, mellor dito, no núcleo urbano. Unha cantidade a todas luces esaxerada.

 

Pero que medidas adoptar para que os concellos non fagan estas desfeitas?

Temos a oportunidade de facer unha vila desde cero, fagámola ben, e é por eso polo que se deberían ter en conta cousas como:

- Que non existen zonas verdes(agás a Veiga do Olmo).

- Que non existen grandes espazos de aparcadoiro.

- A inexistencia de ADSL na meirande parte do concello.

- A ausencia de local social así como dunha zona deportiva en condicions.

- O custo do chan para construir.

- Como afectará o novo plan ó trazado do camiño primitivo.
- A inexistencia dun parque empresarial, e a falta de captación de capitais que invirtan en tecnoloxías ecolóxicas, I+D, química, electrónica, informática, etc…

Ademáis o PXOM debería establecer un modelo de desenvolvemento e futuro para o conxunto do Concello e tamén non esquecer as entidades de poboación por separado.

Como curiosidade ver tamén o caso do concello de Melón:

Con cuatro viviendas nuevas construidas en los últimos cinco años, el Ayuntamiento de Melón pretendía obtener la aprobación definitiva de su PXOM -que no consiguió- planificando doblar su actual número de casas, pasando de 820 a 1.622.

Adxunto: Iniviabilidade do PXOM de Castroverde

Chuzame! A Facebook A Twitter
Mar 03
-->

Sete derrotas consecutivas. Ese é o pésimo balance destes dous últimos meses de competición. Peor imposible¡Na tarde do sábado, é diante da UD Folgueiro, no campo de Boavista, a SD Castroverde sumou a súa sétima derrota con un rival que se xugaba o terceiro posto, e tan so esa motivación xa puxo máis interese na victoria. Dous penaltis, un en cada tempo marcaron o partido e a derrota. O remate do partido chegaron dous goles máis.

Resultado contundente que haberá que dala volta a próxima xornada diante do colista, o Abadín, no campo da ‘Veiga do Olmo’.

Resultados

Codesido – T. Miño 2 – 0
Meira – Sacido 2 – 1
S. Román – S. Ciprián 0 – 1
Celta – Catro Roldas 2 – 1
Abadín – Candelaria 1 – 1
Folgueiro – Castroverde 4 – 0
Matela – Cazas 1 – 0

Próxima xornada

T. Miño-Momán  
Sacido-Codesido  
S. Ciprián-Meira  
Catro Roldas-S. Román  
Candelaira-Celta  
Castroverde-Abadín  
Cazas-Folgueiro  
Matela (descansa)  

Equipo

X

G

E

P

GF

GC

Ptos

1. S. Ciprián 21 17 3 1 59 19 54
2. Sacido 22 15 2 5 60 16 47
3. Folgueiro 22 12 7 3 41 17 43
4. S. Román 21 13 3 5 39 24 42
5. Meira 21 12 5 4 40 37 41
6. Celta 22 10 5 7 40 31 35
7. Matela 22 9 3 10 32 41 30
8. Candelaira 20 7 5 8 28 30 26
9. Cazas 20 8 1 11 31 46 25
10. Momán 21 6 6 9 26 30 24
11. Catro Roldas 21 7 1 13 18 24 22
12. Castroverde 20 6 3 11 29 45 21
13. Codesido 21 5 4 12 30 41 19
14. T. Miño 22 5 4 13 31 45 19
15. Abadín 22 0 2 20 18 76 2
Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp