mar 03

También dieron al traste al PXOM de Castroverde (Lugo) las 700 nuevas viviendas por año proyectadas para un horizonte de 12 años, en un territorio con 3.187 habitantes y 1.426 viviendas.

Vista aérea de Santiago  (Ramón Escuredo)

Se como di o correo co PXOM pretendíanse facer 700 vivendas por ano, con unhas contas simples podemos ver que: 700 vivendas * 12 anos = 8400 vivendas máis en tan só 12 anos. É máis, en dous anos duplicaríanse o número de vivendas no concello, mellor dito, no núcleo urbano. Unha cantidade a todas luces esaxerada.

 

Pero que medidas adoptar para que os concellos non fagan estas desfeitas?

Temos a oportunidade de facer unha vila desde cero, fagámola ben, e é por eso polo que se deberían ter en conta cousas como:

- Que non existen zonas verdes(agás a Veiga do Olmo).

- Que non existen grandes espazos de aparcadoiro.

- A inexistencia de ADSL na meirande parte do concello.

- A ausencia de local social así como dunha zona deportiva en condicions.

- O custo do chan para construir.

- Como afectará o novo plan ó trazado do camiño primitivo.
- A inexistencia dun parque empresarial, e a falta de captación de capitais que invirtan en tecnoloxías ecolóxicas, I+D, química, electrónica, informática, etc…

Ademáis o PXOM debería establecer un modelo de desenvolvemento e futuro para o conxunto do Concello e tamén non esquecer as entidades de poboación por separado.

Como curiosidade ver tamén o caso do concello de Melón:

Con cuatro viviendas nuevas construidas en los últimos cinco años, el Ayuntamiento de Melón pretendía obtener la aprobación definitiva de su PXOM -que no consiguió- planificando doblar su actual número de casas, pasando de 820 a 1.622.

Adxunto: Iniviabilidade do PXOM de Castroverde

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

3 Comentarios a “Por un bon PXOM”

  1. chuza.org Dixo:

    Por un bon PXOM…

    También dieron al traste al PXOM de Castroverde (Lugo) las 700 nuevas viviendas por año proyectadas para un horizonte de 12 años, en un territorio con 3.187 habitantes y 1.426 viviendas….

  2. un de tordea Dixo:

    esas son as grandes cifras que se amosan na maioría dos PXOM de cada concello. non se miran outros datos que non estan cuantificados pero que sigune a amosar o gran desorden territorial da comunidade e que en lugar de ir a mellor imos de lado como os cangrxos, cara a deriba…
    cousas que se me veñen á cachola…levamos novos asentamentos ou casas illadas ó monte, e despois quexámonos de que arden, e a esas casas hai que levarlles auga, luz e secadra nun futuro alcantarillado, e que non digan que ágora xa non se pode, pero calquera que pasee algo polo rural sigue a ver casa medio comezadas no medio do monte ou de agras…por outro lado levamos o monte ás casas, a menos de 50 metros das casas, non me digades que non o vistes por ahí!!!!…

    creo que é un asunto moi serio e a realidade é que o tomamos a cachondeo, e que os problemas certos ainda non chegaron, pero que se comezan a observar… aumento da zona urbana, éxodo na rural, abandono na rural, contaminación cada vez maior en focos concentrados, agotamento de recursos…

  3. Tino Dixo:

    Ás grandes cifras son as que fan que eses aspectos non cuantificados que ti dis, empeoren aínda máis. Gustaríame saber cantas vivendas se construiron nos últimos 2 anos, por exemplo. Así pódese ver que a oferta de 1400 vivendas é esaxerada.
    Está claro que castroverde ten que medrar, pero a que precio?

Deixa a túa resposta