Por un bon PXOM Os comezos do paleolítico superior: A COVA DA VALIÑA.
Mar 04

Hoxe é o día, 403day, unha xornada adicada o cumprimentos dos estándares web (Os estándares web son un conxunto de recomendacions dadas polo World
Wide Web Consortium (W3C)e outras organizacions internacionais sobre
cómo crear e interpretar documentos basados na Web.)
, e que este ano vai ‘dirixida’ ao IE(Internet Explorer).
O obxectivo último do día 403 é, segundo explica Choan Gálvez, creador da web 403day.org, "a interoperabilidade das páxinas e aplicacións que creamos. Para iso necesitamos navegadores cun bo soporte dos estándares. A marca e a cor é indiferente. Por outra banda, este ano o día 403 vai adicado ao Explorer. Quizais o ano que vén haxa que defender a causa fronte a outro navegador, quen sabe? Oxalá non haxa que volver organizalo".

Pero ante os que defenden os estándares web, tamén están os que din que a os usuarios non lles interesa o XHTML(artigo en inglés), interesalles soamente como se ve o teu sitio. Para ser un bon deseñador web deberías separalo XHTML válido, a accesibilidade e a usabilidade. Entón si que estararía no certo.

Eu decantome polo de agora pola, estou máis próximo a segunda opción. Paréceme unha boa iniciativa o dia 403, e é bon para todos crear web con estándares, é lóxico, pero aínda non é a miña meta, quizais nun futuro sí que habrá que consideralo, ou non.

Chuzame! chuzame -

Deixa a túa resposta