Mar 14
-->

Este pasado mércores estiven na festa da Carballeira, alí tiven a ocasión de probar o filloce(dulce de sangre), que foi unha achega a festa por parte do sempre orixinal Rubén(ese pontevedrés tan peculiar).

Por outra banda, dende os comites abertos denunciase a conversión da festa nun macrobotellón sen control, con estas palabras:comites abertos

Os Comités Abertos de Escola e Faculdade co Campus do Campus de Lugo culpan ao Concello de convertir a Festa da Carballeira nun “Macrobotellón” sen sentido nen control ningún. O Concello de Lugo non quere que os CAF organicemos a Carballeira, e lembrade que fumos nós quen hai xa 17 anos a creamos.

Pola súa banda medios como a voz destacan que:

A esperada e á vez temida Festa dá Carballeira 2008 foi «a máis tranquila dos últimos anos», segundo destacaron onte tanto responsables de colectivos veciñais como as forzas policiais que controlaron a seguridade durante unha celebración que, de novo, careceu de autorización.

E dende o concello esaxérase o número de toneladas de lixo(si xa sei, depende quen sexa o especialista):

…fontes municipais aseguraron a axénciaa Efe que o macrobotellón universitario deixou na carballeira do campus 15.000 quilos de residuos. Unha cifra que especialistas na materia cualificaron de «excesiva», tendo en conta que no robledal lucense concentráronse uns 3.000 estudantes, polo que sae unha media de 5 quilos de desperdicios por persoa.

E vos, que opinades? son festas o uso? debería volver a concederselle autorización? Habería que suspendela?

    DSC04337DSC04333DSC04341DSC04313DSC04321 DSC04338

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp