Xogouse o sábado o partido aprazado, que enfrentaba o castroverde e o Candelaria, cun 4 - 2 a favor dos locais no resultado final.
Un partido marcado polas condicións metereolóxicas adversas, que incluso fixeron parar o partido no seu comezo pola intensa nevada que caia sobre o campo. Tamén se tivo que volver a pintar o campo de novo antes de comezar o partido e por segunda vez no día.
O partido comezou frío, igual co tempo, e así nun fallo do árbitro
que non concede un fora de xogo clarísimo, o candelaria adiántase no marcador o pouco de comezar. O castroverde puido empatar nun disparo frouxo de Gelo que pegou no pau, pero non, tivose que esperar o borde do descanso para trenzar unha boa xogada por banda, e albino con suspense consigue o empate.
Na reanudación cambio na dianteira, sae rafa e entra marcos. Con este cambio o castroverde consigue moita máis profundidade no seu xogo e fruto do acoso a portería visitante, richi marca o segundo. Pouco despois chega o terceiro nun faio defensivo que albino aproveita para marcar case desde medio campo e por baixo o porteiro visitante, que se atopaba mui adiantado. O cuarto, obra de marcos a pase de chino nun gran saque de porta a espalda da defensa. Catro a un e o partido xa sentenciado. A partir de ahí o ritmo baixou e os últimos vinte minutos sobraron, pero aínda así o candelaria recortou a desventaxa nunha falta o borde da frontal da área.
Partido pouco vistoso polo tempo no que os locais se levaron a victoria.
- Os destacados: Juan pola sobriedade defensiva e Albino polos goles.
- Non foi o día de: Completa...
Castroverde: 1.-Chino, 2.-Manolo, 3.-Óscar, 4.-Pere, 5.-Juan, 6.-Toño, 7.-Albino, 8.-Rafa, 9.-Tino, 10.-Richi, 11.-Gelo. Tamén xugou: 14.-Marcos.
chúzame - 



Replicantes...