Partido Aprazado Contranatura
mar 27

 

Chegou xa o non vai máis... ¡¡ UMLCMMI e ITIL van a mellorar e innovar nos nosos programas e desenrolos¡¡¡

Hoxe en día parece que as empresas se voltaron tolas buscando expertos en tecnoloxías de ¿calidade?, que según elas(só según elas), vamos a mellorar a calidade dos desenrolos, programas e por tanto a das aplicacions, que influirá nun maior beneficio para ás empresas(ás que nos pagan).

¿ Pensades de verdade que un conxunto de informáticos(programadores, neste caso) e que representan un número dentro da empresa, que usen estas tecnoloxías van facer un traballo (software) mellor ?

 "Somos capaces de reemplazar a todo un equipo de progamadores sin que se vea afectado el proyecto".

Esa é a triste afirmación que realizaron dende Accenture Malaga, unha empresa que ten a máis alta abstración de calidade de CMMI, nivel 5.

Agora os xa de por si reducidos beneficios dos proxectos para os empleados, temos que compartir o noso soldo, ademais de con todolos xefes, cos expertos de CMMI, que non teñen parte nos poucos marxes.

¡¡ Vámonos a Infojobs, busquemos expertos en calidade ¡¡

Pasen e vexan: O presente vai por outro camiños, e creo que acertadamente; por exemplo: Software Libre onde cada quen pode facer contribucions puntuais a unha causa onde se impón, case sempre, o mellor e o máis útil.

Un clara mostra destes exemplos é Mozilla Firefox, que sacou do mapa a Internet Explorer en casi todo. E hai máis, como por exemplo Apache, mellor servidor web e o máis utilizado do mercado.

Chuzame! chúzame -

2 Comentarios a “ITIL,CMMI, UML: A terceira burbulla ?”

  1. Un de tordea Dixo:

    claro que está ben eso de contribuir e traballar por un e para un mesmo, non dependendo tanto do externo e non guiandose por unhas directrices marcadas. esos 3 exemplos son claros…pero hai que recoñecer que somos moi cómodos e que nos volvemos “submisos” ante calquer cousa, guiándonos por esos rais que nos poñen sen atrevernos ou non querendo sair deles.

  2. Tino Dixo:

    Realmente ás metodoloxías de calidade son un proceso máis de marketing cara a galería. Coma moitas das cousas que se fan.

    Non creo que chegue a burbulla das .com, pero de seguro que estas metodoloxías darán que falar, tanto para ben como para mal.

Deixa a túa resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word