Saltou a sorpresa no campo da ‘Veiga do Olmo’, no que o Castroverde conseguiu a súa segunda victoria consecutiva a costa dun dos aínda candidatos o ascenso, o San Román.Nunha primeira metadede tanteo, co partido moi igualado, o Castroverde foi o que tivo as ocasións máis claras nas botas de Gelo, o mellor nestes primeiros 45 minutos, pero o marcador non chegou a moverse.Na segunda metade caeron os goles, e o primeiro que golpeou foi o Castroverde, cun remate de Marcos ca zurda que se cola pola escadra esquerda da portería rival. Minutos despois do primeiro, unha falta ao borde da área(quizais penalti), que lanza o propio Marcos, e rexeitada en primeira instancia polo porteiro visitante, pero Albino moi atento marca o segundo gol.
Parecía que o partido estaba xa encarrilado, e máis cando Marcos aproveita un erro garrafal na defensa para regatear o porteiro e marcalo terceiro. A partir de ahí, e gracias o relaxamento do Castroverde, o San Román deu signos de que non estaba no campo de turismo, xa que nunha boa xogada por banda esquerda e rematada a gol, recortando minimamente distancias. Foi puco despois cando nun pase polo centro da defensa, que non chega a despexar, o san Román acorta de novo, e pon un inquedante tres a dous.
Pero pouco tempo durou a reacción, xa que nun bon saque de porta que supera a defensa e aproveitado por Marcos para sumalo seu primeiro Hat-trick. Este gol si que supoxo un golpe definitivo para levalo partido sen atrancos. Pero aínda deu tempo para máis, cunha boísima xogada por banda na que Gelo é derrubado na área. El mesmo é o encargado de lanzar e transformar o quinto de penalti.
Bo partido dos locais, ante un San román, aspirante aínda o ascenso, moi frouxo, e do que se esperaba moitísimo máis, e que nada ou pouco puido facer para superalo Castroverde.
Destacar por outra banda o arbitraxe de Noe rañon, resarcíndose de dúas anteriores e nefastas actuacións no mesmo campo. Que non repita erros pasados…
Castroverde: 1.-Chino, 2.-Manolo, 3.-Óscar, 4.-Juan, 5.-Pere, 6.-Edu, 7.-Albino, 8.-Gelo, 9.-Héctor, 10.-Richi, 11.-Tino. Tamén xogaron 14.-Nacho e 15.-Marcos.
|
Resultados |
|
| Sacido - T. Miño | 4 - 0 |
| S. Ciprián – Momán | 2 - 0 |
| Catro Roldas – Codesido | 5 - 0 |
| Candelaira - Meira | 2 - 3 |
| Castroverde - S. Román | 5 - 2 |
| Cazas - Celta | 2 - 2 |
| Matela - Abadín | 1 - 1 |
|
Próxima Xornada |
|
| T. Miño-S. Ciprián | |
| Momán-Catro Roldas | |
| Codesido-Candelaira | |
| Meira-Castroverde | |
| S. Román-Cazas | |
| Celta-Matela | |
| Abadín-Folgueiro | |
| Sacido (descansa) | |
|
Equipo |
X |
G |
E |
P |
GF |
GC |
Ptos |
| 1. S. Ciprián | 25 | 20 | 4 | 1 | 67 | 23 | 64 |
| 2. Sacido | 25 | 18 | 2 | 5 | 71 | 16 | 56 |
| 3. Folgueiro | 24 | 14 | 7 | 3 | 51 | 21 | 49 |
| 4. Meira | 24 | 14 | 5 | 5 | 47 | 41 | 47 |
| 5. S. Román | 24 | 13 | 4 | 7 | 42 | 32 | 43 |
| 6. Celta | 25 | 11 | 6 | 8 | 46 | 34 | 39 |
| 7. Matela | 24 | 9 | 4 | 11 | 34 | 45 | 31 |
| 8. Castroverde | 24 | 9 | 3 | 12 | 40 | 54 | 30 |
| 9. Candelaria | 24 | 8 | 6 | 10 | 34 | 38 | 30 |
| 10. Cazás | 24 | 9 | 2 | 13 | 40 | 58 | 29 |
| 11. Catro Roldas | 24 | 9 | 1 | 14 | 25 | 27 | 28 |
| 12. Momán | 24 | 7 | 6 | 11 | 28 | 37 | 27 |
| 13. Codesido | 24 | 5 | 5 | 14 | 32 | 51 | 20 |
| 14. T. Miño | 24 | 5 | 4 | 15 | 32 | 51 | 19 |
| 15. Abadín | 25 | 0 | 3 | 22 | 21 | 82 | 3 |

Replicantes...