Contranatura LCA = La cagaste amigo
mar 31

Saltou a sorpresa no campo da ‘Veiga do Olmo’, no que o Castroverde conseguiu a súa segunda victoria consecutiva a costa dun dos aínda candidatos o ascenso, o San Román.Nunha primeira metadede tanteo, co partido moi igualado, o Castroverde foi o que tivo as ocasións máis claras nas botas de Gelo, o mellor nestes primeiros 45 minutos, pero o marcador non chegou a moverse.Na segunda metade caeron os goles, e o primeiro que golpeou foi o Castroverde, cun remate de Marcos ca zurda que se cola pola escadra esquerda da portería rival. Minutos despois do primeiro, unha falta ao borde da área(quizais penalti), que lanza o propio Marcos, e rexeitada en primeira instancia polo porteiro visitante, pero Albino moi atento marca o segundo gol.

Parecía que o partido estaba xa encarrilado, e máis cando Marcos aproveita un erro garrafal na defensa para regatear o porteiro e marcalo terceiro. A partir de ahí, e gracias o relaxamento do Castroverde, o San Román deu signos de que non estaba no campo de turismo, xa que nunha boa xogada por banda esquerda e rematada a gol, recortando minimamente distancias. Foi puco despois cando nun pase polo centro da defensa, que non chega a despexar, o san Román acorta de novo, e pon un inquedante tres a dous.

Pero pouco tempo durou a reacción, xa que nun bon saque de porta que supera a defensa e aproveitado por Marcos para sumalo seu primeiro Hat-trick. Este gol si que supoxo un golpe definitivo para levalo partido sen atrancos. Pero aínda deu tempo para máis, cunha boísima xogada por banda na que Gelo é derrubado na área. El mesmo é o encargado de lanzar e transformar o quinto de penalti.

Bo partido dos locais, ante un San román, aspirante aínda o ascenso, moi frouxo, e do que se esperaba moitísimo máis, e que nada ou pouco puido facer para superalo Castroverde.

Destacar por outra banda o arbitraxe de Noe rañon, resarcíndose de dúas anteriores e nefastas actuacións no mesmo campo. Que non repita erros pasados…

Castroverde: 1.-Chino, 2.-Manolo, 3.-Óscar, 4.-Juan, 5.-Pere, 6.-Edu, 7.-Albino, 8.-Gelo, 9.-Héctor, 10.-Richi, 11.-Tino. Tamén xogaron 14.-Nacho e 15.-Marcos.

Resultados

Sacido - T. Miño 4 - 0
S. Ciprián – Momán 2 - 0
Catro Roldas – Codesido 5 - 0
Candelaira - Meira 2 - 3
Castroverde - S. Román 5 - 2
Cazas - Celta 2 - 2
Matela - Abadín 1 - 1

Próxima Xornada

T. Miño-S. Ciprián  
Momán-Catro Roldas  
Codesido-Candelaira  
Meira-Castroverde  
S. Román-Cazas  
Celta-Matela  
Abadín-Folgueiro  
Sacido (descansa)  

Equipo

X

G

E

P

GF

GC

Ptos

1. S. Ciprián 25 20 4 1 67 23 64
2. Sacido 25 18 2 5 71 16 56
3. Folgueiro 24 14 7 3 51 21 49
4. Meira 24 14 5 5 47 41 47
5. S. Román 24 13 4 7 42 32 43
6. Celta 25 11 6 8 46 34 39
7. Matela 24 9 4 11 34 45 31
8. Castroverde 24 9 3 12 40 54 30
9. Candelaria 24 8 6 10 34 38 30
10. Cazás 24 9 2 13 40 58 29
11. Catro Roldas 24 9 1 14 25 27 28
12. Momán 24 7 6 11 28 37 27
13. Codesido 24 5 5 14 32 51 20
14. T. Miño 24 5 4 15 32 51 19
15. Abadín 25 0 3 22 21 82 3
Chuzame! chúzame -

Deixa a túa resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word