Abr 30
-->

Devin Davis machacando

4 – Devin ‘Maravilla’ Lavall Davis, ala-pívote norteamericano naceu en (Miami) fai 32 anos e mide 2,00 metros de altura. Non ocupa plaza de extracomunitario ao dispoñer de pasaporte español.

Formado na Universidad de “MiamiOhio (NCAA, 93/97), foi elixido co nº 4 no draft Draft da CBA polos Idaho Stampede, equipo no que xugou durante a campaña 97/98. Chegou a España no 1998 para xugar no Ciudad de Huelva (ACB) sustituindo a James Forrest.

A tempada seguinte repetiu en ACB co CB Gran Canaria antes de fichar polo Breogán (ACB), na tempada 99/00 en sustitución de Kenny Green. Foi exactamente o 26 de septembro de 1999. Aquel día, o Breogán recibía ao Barcelona na quinta xornada da súa primera temporada tras o regreso a ACB.

Despois de perder contra o Estudiantes, o Manresa, o Forum(Valladolid) e o Gran Canarias, chegou a Lugo un tal Devin Davis. Pouco se sabía del, máis ca era un pivote americano con pasado na ACB. O seu debut non puido ser mellor. Davis puxose a camiseta do breogán por primera vez, o día no que Cesar Sanmartín arrasou ao Barcelona por 90-66. O héroe, que con 7 triplas sen fallo(creo) gañou ao equipo catalán, e acabou con 33 puntos, pero Davis puso xa muitas cousas na cancha. Xugou 30 minutos e anotou só tres de once tiros, capturou oito rebotes (cinco ofensivos), repartiu catro asistencias e roubou tres balons.

En Lugo fixo o seu mellor baloncesto xunto a outro recén chegado naquela época, sustituindo a rod maison, Anthony bonner. Xuntos fixeron un bo baloncesto no pazo, davis unhas 5 tempadas, nesa primeira época.

Na tempada 04/05 fichou polo FC Barcelona (ACB) despois de conseguir a nacionalidade española, se ben terminou nas filas do Forum Filatélico (ACB), que ese mesmo ano remataría por descender o breo nunha última xornada de infarto.

A pasada campaña(2006-07) iniciouna no Bruesa GBC (ACB), equipo desde o que voltou ao Breogán a campaña pasada.

Davin Davis é o máximo reboteador da historia do Breogán, e o segundo máximo anotador do equipo. Era un ‘catro’ que se movía ben cerca do aro, onde cos seus movementos, reversos, ou tiros de 4-5 metros facía moito dano. Ten boa capacidade atlética, co compensa a súa escaseza de altura. Pero o seu punto forte é a súa defensa, coa súa entregas e bo facer no rebote ofensivo.

A noticia é que o clube difundiu un comunicado no que se atribue a rescisión do seu contrato debido a “grave lesión” sufrida polo pívote no seu hombreiro izquierdo no partido contra o Cantabria, “que lle obligará a pasar polo quirófano”.

Unha simple biografía, para que sirva como despedida a un grande xogador que se irá de Lugo sin un homenaxe, coma outros o fixeron antes. Graciñas, e ata pronto.

 

Chuzame! A Facebook A Twitter
Abr 29
-->

alonsoReconozco, non son fan de Alonso. Caéme mal. Ultimamente un mal resultado, un abandono ou arañar un punto no campeonato do mundo de F1 é un éxito, que digo un éxito, unha proeza e unha fazaña sen precedentes.

Por qué alabar a un piloto que a pesar da súa boa condución, pon outras cousas como disculpa, e non consiga bos resultados? Pobre. Houbo unha época na que tampouco o tiña, (anterior etapa con renault) e gañou dous títulos a pesar do malos que eran, e os malos tornillos. As carreiras nesa época eran mérito unicamente seu, se non o facía era culpa do coche.

Fai ben pouco conducía un coche -galáctico- pero claro, tiña disculpas: facianlle a cama desde dentro, menos “De la Rosa“,Alonso claro, había tratos de favor cara o seu compañeiro e máximo rival, e tamén como non, copiabanlle a telemetría para darlle todolos mellores datos o seu fillo predilecto, si, o torpe Hamilton. Pero tamén estaba o Safety Car, que sempre xogaba en contra dos seus intereses, e de Magic Alonso, que impedía unha e outra vez fazañas, remontadas e fitos históricos.

O día que poida aglutinar el o Safety Car, ao tornillos, a telemetría, e o resto de factores que di ter en contra, seguramente volverá gañar, a pesar da súa gran habilidade para pilotar. Ese ano tocalle, seguro!

Chuzame! A Facebook A Twitter
Abr 28
-->

Fin da viaxe para a SD Castroverde, diante dun terras do miño que pouco ofreceu na súa visita o campo da Veiga do Olmo, e xustifica así a sú posición na tabla.

Un partido que comezou igualado, e con dos equipos sin ofrecer grande futbol. Nunha xogada aillada, a falta de concentración dos locais, permite o saque directo dunha falta que o porteiro local non atina a atallar. Con ese gol a favor, atopábase moi cómodo o terras, que pouco perigo máis ofreceu nunha primeira parte de pouco futbol.

O castroverde na segunda si ofreceu un melloría notable, asediando a portería visitante, a pesar dos parons que unha e outra vez xustificaban os visitantes. As ocasions chegaban, de cabeza Javi, disparos de richard, hector e albino, pero non foi ata o pouco do final cando Tino consigue o gol do empate, cruzando por baixo a portería rival.

Un punto sufrido, que sabe a pouco, pero no que non había nada en xogo. Unha mala tempada, na que un bo comezo deu paso as dudas e a mediocridade, para un equipo feito sempre para ascender, na que o compromiso cos colores é o factor clave. O ano que ven, outra nova intentona, esperemos nun novo grupo.

No resto da xornada, destaca o ascenso do Folgueiro, que xogará por primeira vez na segunda rexional, e que acompañarán o sacido e o San ciprián. Felicidades a todos eles.

E xa sin respiro, chega de novo a competición, desta volta a copa diputación, que nos enfrontará co Baleira CF. Un partido de rivalidade rexional, no que esperemos ter algún fichaxe de altura, para chegar o máis lexos posible nesta competición.

Resultados

Catro Roldas – S. Ciprián

2 – 1

Candelaria – Sacido

0 – 1

Castroverde – T. Miño

1 – 1

Cazas – Momán

1 – 2

Matela – Codesido

0 – 0

Folgueiro – Meira

0 – 0

Abadín – S. Román

1 – 2

Equipo

X

G

E

P

GF

GC

Ptos

1. Sacido

28

21

2

5

78

17

65

2. S. Ciprián

27

20

4

3

69

28

64

3. Folgueiro

28

17

8

3

64

22

59

4. Meira

28

16

7

5

57

42

55

5. S. Román

28

15

5

8

49

38

50

6. Celta

28

12

6

10

49

42

42

7. Catro Roldas

28

11

2

15

32

32

35

8. Castroverde

28

10

4

14

48

71

34

9. Candelaria

28

9

7

12

39

43

34

10. Momán

28

9

6

13

40

45

33

11. Matela

28

9

6

13

38

55

33

12. Cazas

28

9

3

16

43

68

30

13. Codesido

28

7

6

15

41

60

27

14. T. Miño

27

5

7

15

35

54

22

15. Abadín

28

1

3

24

24

89

6

Chuzame! A Facebook A Twitter
Abr 25
-->

dous anos Hoxe o blog de Masoucos, cumple anos, xa son dous aniños.¡

Dous anos, nada máis e nada menos, na rede. Ese é o tempo que leva ‘A fiestra de Masoucos’ no mundo de internet, aínda que tivo unha época de pouca actividade, na que o blogue sobreviviu a duras penas, case a monte, de ahí tamén a versión que se pode atopar no blogmillo, ‘Dende a Terra Extranxeira’.

Este primeiro intento, contaba as reflexións sobre o día a día no traballo, escrito dende Madrid, hoxe felizmente transformada na ‘Fiestra de Masoucos’, un lugar para a unión dos ‘túzaros’, e tamén para compartir os nosos videos, fotos etc., complementada con ‘especias’ diarias con diversa temática, e tamén crónicas futbolísticas.

Foi desde alí(Madrid), onde comecei a miña aventura blogueira, gracias a unha busca, non recordo cal, que deu co primeiro blog que lin(leo) habitualmente, o de elianinha, e me levou a decir, e, Por qué non crear un? Así foi, e o resultado é este. Agardo que vos guste¡

Atopei a blogaliza de casualidade, coma muitas outras na rede. Estaba buscando un lugar en galego para poder publicar o meu blog, e din co grupo adecuado, (o grupo de blogaliza). Unha comunidade de blogueiros, aberta a calquera, e que aloxa os blogues, baixo wordpress, concretamente baixo muwordpress. Todo esto está baixo o control do omnipotente goretoxo, ou tamén pedro silva, que cada día que pasa non deixa de sorprendernos, gratamente desde logo, con novos engadidos, novas actualizacións….

Nesa época máis, ‘a monte’, na que só escribin unhas 20 anotacions levei varias sorpresas, xa que sen querelo, conseguin dous enlaces o blogue, un do orixinal ‘marcus‘, outro dos blogues que leo habitualmente. Unha axuda importante para medrar. Pero non foi suficiente, para facelo.

Tivo que pasar algún mes máis, para conseguir transformar a fiestra nalgo máis atractivo, con novos engadidos, e opcións, para facela túa visita máis agradable¡

Chegar a case 5.000 únicas visitas (e máis de 15.000 páxinas vistas) que xa ten o blogue (desde agosto) é todo un éxito.

Graciñas a todos¡. Disfrutade da nova ‘Fiestra de Masoucos’ que non deixará de transformarse nos vindeiros meses¡

Saúdos a todos¡

Chuzame! A Facebook A Twitter
Abr 23
-->

Os gandeiros están fartos, e están a tomar medidas. Están comezando as súas protestas, despois dun tempo de calma. Son accións continuas e puntuais, coma as concentracións diante das empresas Lactalis de Vilalba e Rio no Ceao, e iso despois de tirar con 50.000 litros de leite dos camions de Leite Rio, a semana pasada.

Onte outra protesta de novo, desta volta un pouco máis mediática, e tamén máis confrontada, xa que os tres sindicatos maioritrios, non se puxeron dacordo para este acto, un paso máis cara o desastre, cada vez maior nun sector xa danado.

O problema é moi grave non hai dúbida, o prezo do leite non deixa de baixar, a pesar da creación da mesa do leite, ese organismo que alcanzaría un ‘acordo’ para conseguir un prezo minimo garantizado, e pola outra banda, os custos de producción non deixan de subir.

A creación do Grupo Lácteo Galego, ese ?proxecto¿ do que se levan anos e anos falando, non solucionará nada tampouco, porque primeiro haberían de poñerse de acordo os productores, cousa hoxe por hoxe, pouco probable.

Un bo exemplo a seguir sería o da marca Feiraco que non quixo pagarlle menos aos seus cooperativistas cando a industria alegou que tiñan que baixa-los prezos. Non habia xustificación de ningún tipo e apoiou ao sector lácteo galego manténdose firme na súa actitude.

Pero nesta loita hai máis elementos importantes, o localismo, O Banco de Terras, o recibo para que os produtores saiban por que se lles paga, o observatorio do sector lácteo e a posta en marcha de medidas para paliala tendencia a baixa no prezo do leite nos útlimos anos… cousas das que se oe falar día sí, día tamén, pero que non conseguen mellorar nada a situación. Pero que facer? Quedarse parado?

A terra sempre se rexenera, os prados, os cultivos etc. que tamén o fagan os nosos gandeiros.

P.D. Entrada adicada a ‘Nosoutras’ que non volveron pasar por aquí… e como non, a ‘Un de tordea’ que non se molla nada, porque muito fala, pero escribir, pouco, pouco. Tamén a ‘un de corneas’, sempre se aprende moito falando con él sobre estes temas, polo menos a súa opinión.

Un saúdo a todos eles¡

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp