Abr 01
-->

Sergio Luyk Torres xogou no Real Madrid, Fórum(agora Grupo Capitol) e Breogán, faleceu en Madrid os 36 anos de idade como consecuencia dun cancro.

Sergio Luyk, nace en Madrid o 20 de setembro de 1971, e formase nas categorías inferiores do Real Madrid, dende as que da o salto aos Estados Unidos para completala súa formación. Disputa tres tempadas (1987-88, 88-89 y 89-90) na High School University Heights Academy de Hopkinsville, Kentucky. Máis tarde a súa carreira universitaria na NCAA completase coas cinco siguientes tempadas (na 91-92 apenas xoga por lesión) na Universidade de Saint John’s. Sabe, no é broma, o que é xogar no Madison Square Garden ante 17.000 persoas defendendo a camiseta da Universidade de St. John’s.

Foi internacional sub-23 e sub-21 ca selección española pero no chegou a debutar ca absoluta. Tras o seu paso polos Estados Unidos recala no Fórum de Valladolid onde disputa tres tempadas, dende a 95-96 á 97-98, donde se pode disfrutar do seu bó tiro exterior e a súa fortaleza para xogar de 3; sendo a irregularidade no xogo quizais o defecto que máis se lle podía achacar. Case dez puntos por partido, unhos 2-3 rebotes e bos porcentaxes de tiro (por riba do 40% tanto en tiros de 2 coma en triplas) son as súas estatísticas.

O Real Madrid recuperao para ultimalo seu primeiro proxecto despois da marcha de Bodiroga. O fichaxe sen dubida ten muito morbo - é o fillo maior (26 anos, por aquela  época) do primeirp adestrador, ó mítico Clifford-, pero convén matizar aos máis desconfiados que Sergio serría o xogador peor pagado do plantel madridista. Apenas cobraba uns 20 millóns por cada un dos dous anos firmados(só permaneceu unha campaña). É a súa peor tempada como profesional e dende o Real Madrid da o salto a Lugo onde xogará dous anos máis no Breogán (99-2000 e 00-01), volvendo mostrar un bon nivel de xogo. Remata esa última tempada profesional 2000-01 no ALM Evreux dla Liga francesa.

Como algunhos outros casos (David Brabender), foi un xogador perseguido polo apelido que levaba pois non consiguiu nunca acercarse o nivel de seu pai, aínda que sí disputou seis tempadas a bon nivel na ACB.

Ogallá sirva este pequeno artículo coma homenaxe, a un xogador espectacular, gracias os seus mates nos quecementos, sempre ledo e comprometido cos seus equipos. chegou para él o seu último cuarto¡ RIP.

Actualización(04/02/2008): Onte falando co richi, recordamos cando Antonio, un de masoucos, como non, lle queimou a chupa de cuero cun cigarro, e despois lle di: ‘perdona, perdona’ e o pobre sergio, o mira cunha mala cara… encima conocendo a antonio… Xa sei, non é o mesmo escribilo que contalo, e mais sen conocer a Antonio, pero a anécdota fóra bastante curiosa¡

Fallece a los 36 años Sergio Luyk

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp