![]()
Sergio Luyk Torres xogou no Real Madrid, Fórum(agora Grupo Capitol) e Breogán, faleceu en Madrid os 36 anos de idade como consecuencia dun cancro.
Sergio Luyk, nace en Madrid o 20 de setembro de 1971, e formase nas categorías inferiores do Real Madrid, dende as que da o salto aos Estados Unidos para completala súa formación. Disputa tres tempadas (1987-88, 88-89 y 89-90) na High School University Heights Academy de Hopkinsville, Kentucky. Máis tarde a súa carreira universitaria na NCAA completase coas cinco siguientes tempadas (na 91-92 apenas xoga por lesión) na Universidade de Saint John’s. Sabe, no é broma, o que é xogar no Madison Square Garden ante 17.000 persoas defendendo a camiseta da Universidade de St. John's.
Foi internacional sub-23 e sub-21 ca selección española pero no chegou a debutar ca absoluta. Tras o seu paso polos Estados Unidos recala no Fórum de Valladolid onde disputa tres tempadas, dende a 95-96 á 97-98, donde se pode disfrutar do seu bó tiro exterior e a súa fortaleza para xogar de 3; sendo a irregularidade no xogo quizais o defecto que máis se lle podía achacar. Case dez puntos por partido, unhos 2-3 rebotes e bos porcentaxes de tiro (por riba do 40% tanto en tiros de 2 coma en triplas) son as súas estatísticas.
O Real Madrid recuperao para ultimalo seu primeiro proxecto despois da marcha de Bodiroga. O fichaxe sen dubida ten muito morbo - é o fillo maior (26 anos, por aquela época) do primeirp adestrador, ó mítico Clifford-, pero convén matizar aos máis desconfiados que Sergio serría o xogador peor pagado do plantel madridista. Apenas cobraba uns 20 millóns por cada un dos dous anos firmados(só permaneceu unha campaña). É a súa peor tempada como profesional e dende o Real Madrid da o salto a Lugo onde xogará dous anos máis no Breogán (99-2000 e 00-01), volvendo mostrar un bon nivel de xogo. Remata esa última tempada profesional 2000-01 no ALM Evreux dla Liga francesa.
Como algunhos outros casos (David Brabender), foi un xogador perseguido polo apelido que levaba pois non consiguiu nunca acercarse o nivel de seu pai, aínda que sí disputou seis tempadas a bon nivel na ACB.
Ogallá sirva este pequeno artículo coma homenaxe, a un xogador espectacular, gracias os seus mates nos quecementos, sempre ledo e comprometido cos seus equipos. chegou para él o seu último cuarto¡ RIP.
Actualización(04/02/2008): Onte falando co richi, recordamos cando Antonio, un de masoucos, como non, lle queimou a chupa de cuero cun cigarro, e despois lle di: 'perdona, perdona' e o pobre sergio, o mira cunha mala cara... encima conocendo a antonio... Xa sei, non é o mesmo escribilo que contalo, e mais sen conocer a Antonio, pero a anécdota fóra bastante curiosa¡



abril 2nd, 2008 at 11:09 am
En primeiro lugar decir coma todos o sock que produce a morte de alguén tan novo, con todo por diante.
En segundo felicitarte polo gran artigo exposto, nin comparación cos datos dos xornais esceptuando os deportivas, pero secadra estes pouco sintetizadores, nótase que pilotas do tema!!!
O terceiro eu destacaría, e non porque o coñecera, e si porque todo o mundo coincide, en que non destacaría por un gran xogo, pero o meu xuízo o gran xogo tamén é trasmitir esa felicidade, loita e tesón que tiña. porque pode haber bos xogadores no terreo pero despois ser uns fatos á hora de estar co equipo ou e cara o esterior.
E por rematar, está claro que cando esa xente leva un apelido detrás todos lles intentamos sacar a comparación inebitable, pero a resposta penso que non é unha deficiencia súa, e si nosa por xulgalos con respecto a algo ou alguén, xa que por eles mesmos terán outra valía. E senón fose así e resultara un caracter hereditario, todos os vos deportistas serían de apelidos iguais a fai 30 anos.
abril 2nd, 2008 at 11:21 am
gracias, a verda e que mo currei algo¡ pero sempre se agradecen os ánimos para seguir escribindo¡
Quizais, como falo do que me peta, por eso escribín un amplo artigo sobre segio luyk, e os periódicos non o fan porque non lles interesa, ou xa llo dan feito(axencia EFE, Reuters, Europapress…)
Toda a razón no demais que dis, as comparación son odiosas¡
Por certo, vou actulizar o texto cunha anédota…