A memoria de Sergio Luyk Os túzaros ao galope
abr 02

Ese é o lema elexido por Amnistía Internacional para unha nova campaña para dar a coñecer que é o que se está a facer na China.

AI non se opón á celebración das Olimpíadas en China e confía en que se tomen medidas urxentes para fomentar un entorno favorable aos dereitos humanos durante os Xogos de Pekín 2008 e despois destes, tal e como prometeron as proprias autoridades chinesas no 2001, cando se elixíu Pekín como sede olímpica.

Xa se pode apoiar a ciberacción de AI a través da súa web, esixindo respecto para os dereitos humanos na China, e tamén xa se pode asinar en www.actuaconamnistia.org .

Amnistía Internacional en Vigo ven de xuntar a Óscar Pereiro, Álvaro Pino e Roberto Lago nun vídeo de apoio aos dereitos humanos, para que deixen de ser violados unha e outra vez, tanto no Tíbet coma noutras partes da China. Podes ver a continuación o vídeo completo:

Chuzame! chúzame -

Deixa a túa resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word