Ese é o lema elexido por Amnistía Internacional para unha nova campaña para dar a coñecer que é o que se está a facer na China.
AI non se opón á celebración das Olimpíadas en China e confía en que se tomen medidas urxentes para fomentar un entorno favorable aos dereitos humanos durante os Xogos de Pekín 2008 e despois destes, tal e como prometeron as proprias autoridades chinesas no 2001, cando se elixíu Pekín como sede olímpica.
Xa se pode apoiar a ciberacción de AI a través da súa web, esixindo respecto para os
dereitos humanos na China, e tamén xa se pode asinar en www.actuaconamnistia.org .
Amnistía Internacional en Vigo ven de xuntar a Óscar Pereiro, Álvaro Pino e Roberto Lago nun vídeo de apoio aos dereitos humanos, para que deixen de ser violados unha e outra vez, tanto no Tíbet coma noutras partes da China. Podes ver a continuación o vídeo completo:

Replicantes…