O CPI de Castroverde victoria contundente
abr 11

calcular_soldo_netoCalcularsueldoneto.com cumpre un ano¡¡¡ Parabensssss¡¡¡¡¡¡

A web do meu colega e amigo, Alexandre, especializada en cálculos de nóminas ven de publicar as súas estatísticas de visitas, con motivo do seu primeiro aniversario, cunhos datos que según el mesmo di, non chegaron o seu tope máximo, xa que "hai moita xente que traballa neste país¡¡". Comezaron esta andadura cunhas 1.500 visitas mensuais, e agora xa superan as 40.000, co que conseguiron chegar os postos máis altos nos principais buscadores como google, yahoo, etc., todo un fito para unha páxina galega, feita por galegos.

O único pequeño defecto é a publicidade, pero "como do aire, ainda, non se pode vivir", aceptaremos esa pequena pega, por un servicio totalmente de balde, e que está dispoñible as 24 horas do día.

Se queres saber canto vas ganar, o soldo neto, bruto mensual, canto tes que pedir para gañar 5.000, 1.000 ou 500 € so tes que visitala web. Recorda calcularsueldoneto.com. Que a disfrutes¡

E como primicia mundial, unha pequena entrevista co autor. Agardo que non sexa a miña última, e por exemplo, Aída Valiño ;), tamén me conceda unha, por pedir que non quede.

-Como nace Calcularsueldoneto.com?

 Decatamonos de que había webs similares para calcular o soldo, pero tamén, que estaban incompletas. Sabiamos que podería nacer unha web que puidese chegar a moita máis xente. Deste xeito, máis público podería calcular o seu soldo dunha maneira sinxela, e os que precisen introducir máis datos tamén teñen a súa ocasión.

-Cal é a fórmula para superar as 40.000 visitas ó mes?

O principal da web é a súa sinxeleza de utilización, e moi útil. Cremos, que aínda non chegamos o noso tope de visitas, aínda hai moita xente que non nos coñece, son potencias usuari@s da páxina, ó fin e ó cabo, aínda que ás veces pareza que non, hai moita xente que traballa neste país.

-Canta xente está detrás desta web?

Edu e máis eu(Alex), o primeiro é licenciado en Dereito e ADE. El é o que se encarga dos cálculos necesarios. Eu estudei Enxeñería de Telecomunicación, é son o que deseña as webs.

-Moitas gracias por esta mini entrevista.

Gracias a ti.

P.D. Este blog non sería o mesmo sen o ánimo e soporte, desta gran persoa. Gracias pola súa axuda incondicional, e tamñen polo seu peculiar humor.

Chuzame! chúzame -

Deixa a túa resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word