Reflexión O problema do Leite
abr 22

via romana tordeaO pasado sábado 19 de abril permitiu coñecer in situ o primeiro treito da vía XIX do itinerario de Antonino que unía Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga), e discurrían por Lucus Augusti (Lugo). A andaina pola Vía Romana XIX, como remate aos tres anos de intensos traballos realizados no marco do proxecto europeo Vías Atlánticas, comezaba na praza de Armanyá, onde está o miliario de Lvcvs Avgvsti, e rematou no lugar de Tórdea, no Concello de Castroverde. Esta ruta serviu de inauguración do itinerario cultural, tralo seu acondicionamento e sinalización.

Con esta andaina ponse punto e final a un ambicioso proxecto europeo Interreg III no que participaron o Concello de Lugo, as Deputacións de Lugo, Pontevedra e A Coruña, o CSIC, a Universidade de Santiago e os Concellos portugueses de Braga, Vilaverde, Ponte de Lima, Paredes de Coura e Valença do Miño.

Dita andaina foi organizada polo Concello de Lugo e o INLUDES -dependente da Deputación-, e da que aínda falta a publicación de 2.000 exemplares en galego e castelán dunha Guía do Itinerario Cultural da VIA ROMANA XIX (esta vía atravesaba os actuais concellos do Corgo, Baralla, Castroverde, Becerreá e Cervantes).

Esta guía, que verá a luz en poucas semanas, centrarase no treito oriental da provincia dehttp://www.flickr.com/photos/masoucos/... Lugo, en concreto entre a cidade de Lugo e o Alto do Comeal, na Serra dos Ancares, xusto no límite coa provincia de León.

A Cidade de Lugo xoga un papel moi destacado no proxecto Vías Atlánticas xa que polo seu territorio discorren arredor de 40 quilómetros destas vías romanas e a cidade foi a capital da Gallaecia romana septentrional que hoxe conta co legado máis importante daquela época: a muralla romana Patrimonio da Humanidade dende o ano 2000.

Hai aproximadamente dous mil anos, no noroeste de Hispania, o emperador Octavio Augusto iniciaba a construción da rede viaria. Todos os estudos demostran que así tiñan controlada politica e administrativamente o seu territorio, a súa explotación, riquezas naturais e o transporte de viaxeiros e mercadorías.

Agardamos as sabias palabras de 'un de tordea', afectado seguramente, xa que é raro que aínda non publicara nin comentara nada sobre esta vía romana, o seu paso por Tórdea.

Chuzame! chúzame -

2 Comentarios a “Tordea, paso da vía romana”

  1. Neliña! Dixo:

    porla city! xa puseron as placas no só da via ……

  2. Tino Dixo:

    … senón tamén de…

    Así é como se construe un blog, aportando datos¡¡

    Esperote de novo¡¡

    Bicos¡

Deixa a túa resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word