Tordea, paso da vía romana Hoxe fai dous anos…
abr 23

Os gandeiros están fartos, e están a tomar medidas. Están comezando as súas protestas, despois dun tempo de calma. Son accións continuas e puntuais, coma as concentracións diante das empresas Lactalis de Vilalba e Rio no Ceao, e iso despois de tirar con 50.000 litros de leite dos camions de Leite Rio, a semana pasada.

Onte outra protesta de novo, desta volta un pouco máis mediática, e tamén máis confrontada, xa que os tres sindicatos maioritrios, non se puxeron dacordo para este acto, un paso máis cara o desastre, cada vez maior nun sector xa danado.

O problema é moi grave non hai dúbida, o prezo do leite non deixa de baixar, a pesar da creación da mesa do leite, ese organismo que alcanzaría un 'acordo' para conseguir un prezo minimo garantizado, e pola outra banda, os custos de producción non deixan de subir.

A creación do Grupo Lácteo Galego, ese ?proxecto¿ do que se levan anos e anos falando, non solucionará nada tampouco, porque primeiro haberían de poñerse de acordo os productores, cousa hoxe por hoxe, pouco probable.

Un bo exemplo a seguir sería o da marca Feiraco que non quixo pagarlle menos aos seus cooperativistas cando a industria alegou que tiñan que baixa-los prezos. Non habia xustificación de ningún tipo e apoiou ao sector lácteo galego manténdose firme na súa actitude.

Pero nesta loita hai máis elementos importantes, o localismo, O Banco de Terras, o recibo para que os produtores saiban por que se lles paga, o observatorio do sector lácteo e a posta en marcha de medidas para paliala tendencia a baixa no prezo do leite nos útlimos anos... cousas das que se oe falar día sí, día tamén, pero que non conseguen mellorar nada a situación. Pero que facer? Quedarse parado?

A terra sempre se rexenera, os prados, os cultivos etc. que tamén o fagan os nosos gandeiros.

P.D. Entrada adicada a 'Nosoutras' que non volveron pasar por aquí... e como non, a 'Un de tordea' que non se molla nada, porque muito fala, pero escribir, pouco, pouco. Tamén a 'un de corneas', sempre se aprende moito falando con él sobre estes temas, polo menos a súa opinión.

Un saúdo a todos eles¡

Chuzame! chúzame -

2 Comentarios a “O problema do Leite”

  1. un de tordea Dixo:

    iba facer a ultima aportacion neste blogue mentres non cambien as cousas, pero non me deixa este lugar meter unhas gráficas que mostran a realidade do tema. dame igual. “mira rapas, non pretendas ferir a miña autoestima pois dela pode sair unha malicia inimaxinable” dame igual…

  2. Tino Dixo:

    Mandame eses datos o correo, que xa sabes que serán publicados… Quizais completen e complementen a anotación.

    Non era a miña intencion ferir a túa autoestima, e menos que sacaras a túa malicia¡¡ E non deixes de comentar¡¡¡ que as cousa han cambar… maña xa un pouco…

Deixa a túa resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word