Alonso caeme mal Castroverde, capital do duatlon cros.
abr 30

Devin Davis machacando

4 - Devin ‘Maravilla’ Lavall Davis, ala-pívote norteamericano naceu en (Miami) fai 32 anos e mide 2,00 metros de altura. Non ocupa plaza de extracomunitario ao dispoñer de pasaporte español.

Formado na Universidad de "MiamiOhio (NCAA, 93/97), foi elixido co nº 4 no draft Draft da CBA polos Idaho Stampede, equipo no que xugou durante a campaña 97/98. Chegou a España no 1998 para xugar no Ciudad de Huelva (ACB) sustituindo a James Forrest.

A tempada seguinte repetiu en ACB co CB Gran Canaria antes de fichar polo Breogán (ACB), na tempada 99/00 en sustitución de Kenny Green. Foi exactamente o 26 de septembro de 1999. Aquel día, o Breogán recibía ao Barcelona na quinta xornada da súa primera temporada tras o regreso a ACB.

Despois de perder contra o Estudiantes, o Manresa, o Forum(Valladolid) e o Gran Canarias, chegou a Lugo un tal Devin Davis. Pouco se sabía del, máis ca era un pivote americano con pasado na ACB. O seu debut non puido ser mellor. Davis puxose a camiseta do breogán por primera vez, o día no que Cesar Sanmartín arrasou ao Barcelona por 90-66. O héroe, que con 7 triplas sen fallo(creo) gañou ao equipo catalán, e acabou con 33 puntos, pero Davis puso xa muitas cousas na cancha. Xugou 30 minutos e anotou só tres de once tiros, capturou oito rebotes (cinco ofensivos), repartiu catro asistencias e roubou tres balons.

En Lugo fixo o seu mellor baloncesto xunto a outro recén chegado naquela época, sustituindo a rod maison, Anthony bonner. Xuntos fixeron un bo baloncesto no pazo, davis unhas 5 tempadas, nesa primeira época.

Na tempada 04/05 fichou polo FC Barcelona (ACB) despois de conseguir a nacionalidade española, se ben terminou nas filas do Forum Filatélico (ACB), que ese mesmo ano remataría por descender o breo nunha última xornada de infarto.

A pasada campaña(2006-07) iniciouna no Bruesa GBC (ACB), equipo desde o que voltou ao Breogán a campaña pasada.

Davin Davis é o máximo reboteador da historia do Breogán, e o segundo máximo anotador do equipo. Era un ‘catro’ que se movía ben cerca do aro, onde cos seus movementos, reversos, ou tiros de 4-5 metros facía moito dano. Ten boa capacidade atlética, co compensa a súa escaseza de altura. Pero o seu punto forte é a súa defensa, coa súa entregas e bo facer no rebote ofensivo.

A noticia é que o clube difundiu un comunicado no que se atribue a rescisión do seu contrato debido a “grave lesión” sufrida polo pívote no seu hombreiro izquierdo no partido contra o Cantabria, “que lle obligará a pasar polo quirófano”.

Unha simple biografía, para que sirva como despedida a un grande xogador que se irá de Lugo sin un homenaxe, coma outros o fixeron antes. Graciñas, e ata pronto.

 

Chuzame! chúzame -

Deixa a túa resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word