Mai 30
-->

mulller avanza Hoxe remata a exposición da Asociación Intered, “Igualdade para o desenvolvemento:  Se a muller avanza, o mundo tamén”

Nela pódense ver os problemas xerados polas relacións desiguais entre homes e mulleres e destacan algunhas das achegas que as mulleres fan para a consecución dun futuro mellor. Ademais esta exposición dispón de unidades didácticas para traballar actitudes de promoción da igualdade de xénero en sesións de titoría.  

Ademáis desta nova exposición, os alumnos de 5º curso de primaria realizaron un programa de radio para “Ponte nas Ondas”, que poderemos escoitar o próximo 6 de xuño a través da Internet, e agardo non perdermo, xa que van analizar os cambios que se foron producindo na comarca, Alumnos ponte nas ondasatendendo ás melloras no transporte e nas comunicacións, ademáis de reflexionar sobre a incidencia desta circunstancia na modificación dos hábitos de vida.  

Nesta mesma liña, os centros de ensino non universitario de Galicia puideron iniciarse e introducir no currículo escolar contidos relacionados co audiovisual, coa animación, coa televisión e novas tecnoloxías. ‘Mobilizate nas aulas’, un proxecto de Mr Misto Films para o Consorcio Audiovisual de Galicia, na que o CPI de Castroverde tamén participou, con estas dúas grabacions:  Documental: CPI Castroverde, no que se poden ver a distintas persoas que fan o seu traballo no centro, e tamén as súas aulas; Os seus autores: Rubén Castro, Déborah Birro, Nuria Alvarez, Marina Pérez, Jéniffer Torrón. Tamén podes ver As gamberras, onde a un grupo de rapazas as botan fora da clase e o director terá que tomar unha decisión; Os seus autores: Alejandra Pérez, Patricia Rielo, Tamara Castedo, María José Fernández, Marta González, Cristina Cascudo, Daniel Díaz. 

E xa por último, mencionar o Taller de escritura creativa escolar de “Crea tus textos“. Este ano celébrase a súa segunda edición do taller online que organiza a Fundación Coca-Cola Juan Manuel Sáinz de Vicuña.

Nesta edición tentábase potenciar as dotes de escritor, así como poder compartir ás túas creacions con outros estudiantes, na que tamén participaron os alumnos do CPi de Castroverde. Podes ver os seus texto facendo clic aquí.

Unhas moi boas ideas para achegar a cutltura os rapaces do concello. Que pena que non puideramos disfrutar destas boas ideas fai anos…

Chuzame! A Facebook A Twitter
Mai 29
-->

perdizperdiztiroSan xoán de Barredo, máis coñecido coma Francelos, ven de acadar a fama, aínda que mellor dito, o seu Club de Caza, supoñemos que efímera, por este cartaz, onde se pode ver a un home apuntando coa súa escopeta a unha muller en roupa interior.

Decidiron así promocionar o seu xa habitual e tradicional concurso de tiro ao prato. Unha decisión que a todas luces se ve como desafortunada. Así a Secretaría Xeral de Igualdade obrígoulle ao colectivo de cazadores de Castroverde(organizador da proba) a retirar o cartel.

En todo momento os representantes do club de cazadores colaboraron e tamén “admitiron o seu erro”, segundo perdiz Branca Rodríguez Pazos, delegada lucense de Vicepresidencia, en declaracions a El Progreso. Así o asunto non pasará a maiores, xa que o habitual sería “unha denuncia no xulgado”, sinalou a delegada de Vicepresidencia.

Para este mes de xuño, o deseño xa cambia ben, e se fixo un cartel onde se amosa unha perdiz; pero o dano xa está feito, e as críticas non han parar de chegar, sobre todo para atacar ao colectivo dos cazadores, e a estes en particular.

E a ti, que che parece?

Chuzame! A Facebook A Twitter
Mai 28
-->

Un grupo de científicos encerró a cinco monos en una jaula, en cuyo centro colocaron una escalera y, sobre ella, un montón de plátanos.

Cuando uno de los monos subía la escalera para agarrar los plátanos los científicos lanzaban un chorro de agua fría sobre los que se quedaban en el suelo.Pasado algún tiempo, los monos aprendieron la relación entre la escalera y el agua, de modo que cuando un mono iba a subir la escalera, los otros lo molían a palos.

Después de haberse repetido varias veces la experiencia, ningún mono osaba subir la escalera, a pesar de la tentación de los plátanos.

Entonces, los científicos sustituyeron a uno de los monos por otro nuevo.

Lo primero que hizo el mono novato nada más ver los plátanos fue subir la escalera. Los otros, rápidamente, le bajaron y le pegaron antes de que saliera el agua fría sobre ellos.

Después de algunas palizas, el nuevo integrante del grupo nunca más subió por la escalera.

Un segundo mono fue sustituido, y ocurrió lo mismo con el que entró en su lugar.

El primer sustituido participó con especial entusiasmo en la paliza al nuevo.

Un tercero fue cambiado, y se repitió el suceso.

El cuarto, y finalmente el quinto de los monos originales fueron sustituidos también por otros nuevos.

Los científicos se quedaron con un grupo de cinco monos que, a pesar de no haber recibido nunca una ducha de agua fría, continuaban golpeando a aquél que intentaba llegar hasta los plátanos.

Si fuera posible preguntar a alguno de ellos por qué pegaban con tanto ímpetu al que subía a por los plátanos, con certeza ésta sería la respuesta: «No lo sé. Aquí, las cosas siempre se han hecho así».

Recordando que un paradigma é o hábito  de facer algo, pero sen preguntarse o por qué, seguro que vos sonará esta historia, xa que non é raro que en calquera situación, por insospeitado que sexa, che espeten o consabido «Aquí as cousas sempre se fixeron así».  Eso é o que pasa en muitas das situacions do noso traballo cotiá, alguén o fixo algo, dunha certa maneira, e así quedou, seguindo outra máxima moi estendida, «Se algo funciona para qué cambialo?».

Chuzame! A Facebook A Twitter
Mai 26
-->

A�da valiñoAída Valiño (Castroverde, 1987), do Cidade de Lugo Club Fluvial, chegaba ca moral reforzada a Serres(Grecia), despois de conquistalo título nacional de duatlón na categoría sub-23 o pasado mes en Monforte. Aínda que días atrás non puido rematala proba da Copa de Europa de Pontevedra, polas duras condicions meteorolóxicas(choiva e frío), por fin se puido resarcir, e así, este sábado pasado proclamouse subcampiona de Europa sub 23, no Campionato de Europa de Duatlón, celebrado en Serres (Grecia). A francesa, Charlotte Gauchet puido con Aída, e fíxose co primeiro posto por tan só 45 segundos, tras finalizalo percorrido cun tempo de 2.03.28 horas.

A nosa veciña de 20 anos, conseguiu sen dúbida, o seu maior éxito internacional tras 10 km a pé, 40 en bicicleta e 5 máis nunca última carreira demoledora. Con esta prata, Aida Valiño obtén tamén a segunda posición no Campionato de Europa Absoluto. Tamén defendera para o próximo ano o título, tanto no campeonato de España na súa categoría , como no galego.

Aída tivo «boas sensacions» durante toda a proba. «Ao principio costábame algo correr e fun mellorando de forma progresiva; cando me subín a bicicleta fun no grupo de cabeza e estou contenta porque me baixei moi cerquiña das mellores da categoría absoluta», declarou.A�da valiño na carreira do sábado pasado

Tamén recoñeceu que a última carreira fixoselle «algo dura» xa que se tratou do segundo duatlón olímpico da súa vida. Con respecto ao Europeo do ano pasado, no que conseguiu unha excelente sétima posición, notou mellorías «sobre todo na carreira a pé». A pesar de que está saíndo dunha lesión (xa recuperada) que lle afectou a espalda e a un pe, que lle impidiu adestrar con nomalidade.

«Aínda esta semana non puiden traballar dous días con normalidade porque tiña molestias; non esperaba facer este posto porque, ademais, durante a proba fixo muito calor e foi un pouco asfixiante», dixo. A pesar do bon resultado obtido, o obxetivo primordial chega dentro de quince días, no Mundial de Triatlón que se celebrará en Vancouver (Canadá). «Intentareino facer o mellor posible na natación, que se me da bastante ben. Aínda que existe moito nivel, farei o posible por loitar polas medallas», concluiu.

Sub 23 femenina

1. C. Gauchet (FRA), 2.03.28 horas

2. Aida Valiño, 2.04.13

3. Anna Grzesiak (POL), 2.15.26

4. Irini Mouchou (GRE ), 2.22.28

Muitas feliciades desde A Fiestra de Masoucos¡¡ Aída merecese eso é muito máis, como dice súa irmán¡¡¡¡¡ Moita sorte en Vancuver e ata pronto!!!!!

Chuzame! A Facebook A Twitter
Mai 23
-->

Xogadores saudando Cun comezo moi frío, no que destacou Álex González que anotaba todo o que tiraba, morentín desacertado e moito desconcerto. Con todo estoo remate do primeiro cuarto con empate no marcador. No segundo cuarto máis do mesmo, con algunha rotación polos dous equipos. Ao descanso ventaxa para o breo, pero pouca consistente, defensa irregular e ataques fora de sistema. Fornas foi o que intentoi cambiar o ritmo de partido, pero non foi posible.

Despois do terceiro cuarto, e co mesmo quinteto que rematou o cuarto anterior, tiveron uns minutos moi bos, onde se fraguo a victoria, cunha máxima ventaxa de 12 puntos. Con esa renta, e conservando o resultado cunhas ventaxas que non se viron en peligro agás do 58-52, onde apareceron as dudas. Non foi suficiente para remontalo partido, o breo soubo como manxala situación.

Os mellores Ordín polo seu perfecto ritmo de partido, a pesar da defensa e Wade, (video adxunto) importantisimo na carga do rebote, sobre todo ofensivo.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp