Castroverde, capital do duatlon cros. Copa duatlon cros Castroverde 2008
mai 05

Unha xogada, un gol e catro (4) expulsados.

Un partido raro, moi raro. Nos primeiros minutos un gol de Tino, no saque dun corner perfecto o centro do área fai que a SD Castroverde se adiante no marcador. O partido parecía que ía tranquilo, con ataques para os dous lados, pero pouca pegada.

O partido esmorecía e o colexiado colle o protagonismo. Así comeza expulsando o adestrador visitante por decirlle, según consta en acta 'Non sei que carallo ves pitar aquí'.

O baleira seguía o seu, e conseguei demasiado premio nunha falta lateral sin aparente perigo, que non logra despexar ningún defensa nin o porteiro, e entra directa na portería local. Empate a un tanto e moito partido por diante.

Na segunda metade o mesmo guión, pouco perigo en ambas áreas e pouco demostrado por ambos conxuntos. O colexiado recobra o protagonismo, nunha xogada clarísima e pouco compresible, na que o balón sae totalmente da raia de fondo. Todolos xogadores se quedan parados, ata os rivais, ata que o xogador rival, volta a coller o balón de fora do campo, e cun pase atrás marca o segundo. Inexplicable a decisión, que costa ademáis tres xogadores o equipo local, polas diversas protestas. Primeiro do capitán, Pereira, e logo de Albino, e máis de Héctor. Tamén mostrou a segunda cartulina a Richard, máis non anotou nin mostrou a tarxeta vermella. Ante esto os xogadores rivais, incrédulos pola sangría feita.

Con oito xogadores, o máis probable era unha derrota abultada, pero contrariamente non sucedeu esto. O Baleira foi un equipo vulgar, que non creou máis perigo. Incluso se puido ir con un empate, xa ue javi tivo nas súas botas o empate logo dun man a man co porteiro que se lle foi demasiado escorado.

A eliminatoria sigue viva. Para a volta, máis emoción.

Castroverde: 1.-Chino, 2.-Manolo, 3.-Óscar, 4.-Pereira, 5.-Edu, 6.-Héctor, 7.-Albino, 8.-Tino, 9.-Gelo, 10.-Richard, 11.-Javi. Tamén xugou co César.

Chuzame! chúzame -

Deixa a túa resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word