Xuñ 27
-->

Alguén me pode explicar a foto?? non caigo… 

O precio do petroleo sube, pero en cambio, o Euro(€) subíu a súa cotización con respecto ao Dolar($)…, entón que é o que pasa? 

O precio do barril ‘só’ subiu oito €, e sen embargo pagamos máis do doble que fai 8 anos, porque?

Aquí a foto: evolucion precio petroleo

Chuzame! A Facebook A Twitter
Xuñ 24
-->

¿Podese rodar o desembarco de Normandía en catro días con tres actores?

Eso foi o que fixeron estes ’colgados’ que se fixeron pasar por Spielberg en ‘Salvad al soldado Ryan’, facendo de directores, actores, montadores e especialistas en fx por ordenador:

  • 3 diseñadores gráficos
  • 3 traxes de militares
  • unha camioneta
  • unha cámara de vídeo
  • e post-producción

O dito, 4 días para montar unha escena que levou meses…

Chuzame! A Facebook A Twitter
Xuñ 20
-->

Iniciativa… “que é para ti Castroverde”.( ou o lugar no que vivas). Nun máximo de seis lineas terás que expresalo¡¡¡¡¡¡

Cando haxa as suficientes respostas habrá que escoller a mellor… que levará premio(sorpresa)¡¡¡

Veña, ánimo que xa temos as tres, catro, cinco primeiras respostas.

1) -Castroverde: un pequeno concello situado entre Lugo e A Fonsagrada. O verde e os prados, abundante flora, é espectacular. Podese aínda disfrutar con rutas e roteiros, ríos ou regatos. Agradables vistas dende os pequenas parroquias que o forman.

2) – Sobre todo tranquilidade e relax

3) – Sentimento, orgullo, alegría, liberdade, amor e traballo.

4) – Castroverde é o mellor que hai!!! Castroverde non o cambio por nada!!!

5) – Moitos pensarán que Castroverde é outra vila máis, que nada a diferencia de calquera outra, pero cando se vive lonxe da casiña rematas por darte de conta que o lugar onde viviche toda a túa vida non se pode cambiar por nada, e especialmente Castroverde, con un encanto sen definición. Creo que a causa do noso amor por Castroverde son os seus recunchos, os regatos, as fontes, os camiños….. en fin, a sua natureza.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Xuñ 17
-->

 

LUGO XA CONECTA, o autobús interactivo do Concello de Lugo estará á porta da túa casa para ensinarche as vantaxes que ofrece a Administración electrónica.

Lugo@vanza é un proxecto de modernización da Administración local do Concello de Lugo en cooperación con Cervantes, Castroverde,  e Guitiriz, promovido polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, para mellorar o servizo á cidadanía e cumprir os dereitos desta de resolver vía Internet os seus asuntos coa Administración.

A campaña estará en marcha ata o 31 de outubro, de luns a sábado, e visitará 130 parroquias para achegar o mundo das novas tecnoloxías ao medio rural.Así que é o momento de que descubras os beneficios que as novas tecnoloxías poden achegarlle á túa vida.En castroverde estarán do 10 ao 20 de setembro en:

Días Mes Ubicación
10, 11, 12 e 13 Setembro Centro Urbano (na Praza do Concello)
15 e 16 Setembro Parroquia de Vilabade. Frente á praza da Igrexa e o Pazo de Vilabade
17 e 18 Setembro Parroquia de Montecubeiro (San Cibrao), nas inmediacións da Casa da Cultura
19 e 20 Setembro Parroquia de Miranda

Resulta curioso, tanto os lugares elixidos, coma que neles non chegou aínda Internet, a pesar do que di algunha páxina do ministerio, no que da por feito a cobertura é total no concello., e de feito eso non é así (Córneas, Masoucos, Furís, etc. etc. e outros moitos sitios que de seguro se me olvidan.)

Castroverde conta con con pouco máis de 3.000 habitantes segundo o padrón municipal de 2004  , repartidos en 37 parroquias.

 O datos das parroquias elexidas son(non logro saber o criterio):Montecubeiro  261 habitantes (133 homes e 128 mulleres),Vilabade: 76 habitantes (42 mulleres e 34 homes),Miranda: 69 habitantes (35 mulleres e 34 homes).

Por número de habitantes corresponderíalle a Montecubeiro, Furís e máis a Riomol.  O ranking por habitantes e parroquias é este:Montecubeiro 261, Furís 181, Riomol 146, A Meda 132, Moreira 133, A pumarega 98, O Páramo 96, e Rebordaos 93 habitantes.

Por xeografía tampouco me cuadra, xa que vilabade está moi cerca de castroverde, e tamén está cerca Montecubeiro, polo que non debe de ser ningún deses criterios. Se ti que les o blog e o sabes, podes contarnos a razón, ou explicar unha teoría¡¡E xa sabedes, acudide ao autobus interactivo, de seguro que será interesante¡¡¡¡

Chuzame! A Facebook A Twitter
Xuñ 16
-->

Ten razón Cancións: na Deputación sempre houbo moito bloqueiro.

O que pasa é que agora semella que estean desatados. Cando me falan do tema, sempre recordo a Arximiro Fernández Arias. Era o número dous da lista coa que o BNG se presentou ás eleccións municipais de maio de 1995 en Castroverde. Froito do pacto de goberno entre nacionalistas (catro) e socialistas (dous), Arximiro acabou de tenente de alcalde, ás ordes de Miguel Roberto Rodríguez, o último rexedor que tivo o BNG en Lugo antes de Severino Rodríguez de Monforte.

Recordo que era o voceiro municipal do BNG e dáballe bastante estopa aos cinco do PP.Pero ao ano, deixou o cargo e renunciou á corporación. Despois veu a moción de censura que lle deu o poder a Xosé María Fernández Arias, que hoxe aínda segue alí.

Arximiro era (e é, creo) traballador da área económica da Deputación. E o rumor que correu daquela é que dende San Marcos chamárano a capítulo para que deixara o Concello. Nunca, por suposto, puidemos saber que había de certo.

Si, xa sei que parezo o Abuelo Cebolleta. Vou ter que abrir unha categoría histórica.

Estas son as ‘Letras Vaqueiras’ que publica periódicamente, Ángel Vaqueiro no diario El Progreso, e que reproduzco no blog.

Unha época de turbulencias políticas, na que como din os xornáis da épocaunha moción de censura fai perigar a alcaldía de Castroverde, única do BNG na provincia de Lugo. Tres ex-concelleiros do BNG, dous do PP e dous concelleiros do PSdeG-PSOE presentaron a moción contra o edil nacionalista Miguel Rodríguez que ata agora gobernaba gracias ao apoio do Grupo Socialista”. Foi en Octubre do ano 1997. Podes seguir a evolución das distintas eleccións no concello na galipedia, e despois recorda deixar a túa opinión¡¡¡ Sempre interesa¡

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp