A lei de Godwin (Ou tamén, Regra de analoxías Nazi de Godwin), é un enunciado relacionado coa interacción social en Internet, que propuxo Mike Godwin, abogado da Electronic Frontier Foundation, en 1990. Unha desas curiosas lendas (quizais paradigma, ou incluso realidade cotidá) que dice: “As a Usenet discussion grows longer, the probability of a comparison involving Nazis or Hitler approaches one”. Ou tamén: “A medida que unha discusión en Internet se alonga, a probabilidade de que apareza unha comparación na que se mencione a Hitler, Franco ou aos Nazis achegase a un.” Esta lei, seguro que xa a vimos todos, hai múltiples ejemplos, en algún foro, en redes sociais como menéame, etc. (Podes ver un exemplo en: http://www.escolar.net/MT/archives/2007/01/como_desembaraz.html). Así unha discusión vaise alargando no tempo a
medida que os argumentos obxetivos van decaendo, aumentando proporcionalmente o grado de insultos ata que de pronto alguén fai regencia aos nazis, fascistas etc. A tradición en internet dicta, que non a lei, que a persoa que mencionou aos nazis, fascistas, etc. perde a discusión, e ésta é abandonada. Ademais a lei tamén se aplica cando comeza unha comparación cos nazis, xa se da por sentado que a discusión perdeu todo o sentido e xa nada útil se vai poder extraer dela.
Esperemos que non teña que pechar esta anotación pola ley de Godwin¡¡ ;)


Replicantes…