
Esta é a dirección chamou a miña curiosidade: http://truckstoptalesandotherstories.blogaliza.org/ (xa eliminada por Pedro. ).
Un blog, aparentemente inofensivo cun nome cando menos curioso, como todos os deste estilo. O perigo estaba detrás. Un moi bon reclamo, cun video que nunca termina de cargarse por completo, e debaixo o gancho.
Ao pinchar en calquera dos enlaces da páxina redirixíate a unha segunda pantalla. Esta é a verdadeira pantalla maligna. Ofreciese gustosamente a analizalo ordenador(desconfía se che ocurre esto), encontrando sempre falsas infeccións, invitándote o momento a descargar un fabuloso programa que elimina esas falsas infeccions.
É o chamado XPOnlineScanner.com, o fogar de XP Antivirus Protection, unha das últimas aplicaciones anti-spyware
tramposas. XPOnlineScanner.com ofrece un escaneo gratuito con XP Antivirus Protection. Grandioso¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡. XP Antivirtus Protection devolve falsos positivos, e mostra falsas alertas de seguridade para engañar e facer que compres XP Antivirus Protection por unha cantidade de diñeiro que varía entre os 30€ e os 50€.
Máis alá do que XPOnlineScanner.com diga, se non sabes onde se almacenou XPOnlineScanner.com, o único spyware co que está infectado es XP Antivirus Protection. Elimina XPOnlineScanner.com, se podes.
Aviso: XPOnlineScanner.com fai sentir ganas de tiralo ordenador pola ventana, non o faga, pódese solucionar. Suerte¡

xuño 15th, 2008 at 8:33 am
jajajajaja
ke bon…
agora se me atopo con eso ya no caerei! :P
en calquer caso uso outro antiespia¿? :P
bico*
xuño 17th, 2008 at 12:40 pm
Pois estes casos son máis habituais do que parecen. Sobre todo pasa con usuarios que comezan no mundo do internet e por medo a perder datos do ordenador, ou calquera outra cousa, pican. Así se financian estas páxinas.
E sempre bo, pasar programas cada certo tempo(3-4 meses, se podes menos) para detectar spías, troyanos, e demais bichiños da rede.
bicos¡