Xuñ 16

I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/

Chuzame! A Facebook A Twitter

6 Comentarios a “Calquera tempo pasado, sempre foi…”

  1. un de tordea Dixo:

    “Xosé María Fernández Arias, que hoxe aínda segue alí”.

    Penso que os cambios sempre son bos, para un lado ou para o outro. Sera´tamén que non estou ao corrente do que ocorre no concello, moi mal pola miña parte, pero o cambio necesítase e xa. Como xa indiquei nalgún comentario referente a outor escrito…a xente nova, a que ten ideas é a que se debería mobilizar e mirar para facer cousas. eu tamén me inclúo no malo e no bo desa afirmación. a frase que precede diceo todo.

  2. Millan Fernandez Dixo:

    Bueno, esa noticia fai referencia a meu pai, e como bo deber de fillo debo sair o paso para defendelo.A miña opinion e que non se debe facer caso a todo o que un periodistilla poida poñer nun periodico alegremente e sen contrastar informacion…so por oidas. Aí dise de maneira indirecta que meu pai (Arximiro) foi mercado por Cacharro (ou algo así, a “mentira oficial”).Pois ben, para ttodos aqueles que por aquel tempo non ouvian, pensaban nin crian na politica, teño que decir que eso e unha grande mentira e foi unha das operacions mais finas de linchamento politico e persoal que se deron neste país a nivel local.
    O bo e que o tempo lle deu a razon.
    Noutro orde de cousas, (no que fai referencia ó cambio politico que Castroverde necesita) haberia moito que debatir.Para empezar non sei si un cambio de persoas e ou non necesario so por cambialas caras. Non creo que os problemas e cuestions do Concello se resolvan mediante o procedemento do fulanismo. O verdadeiramente importante e apremiante é que a xente nova coma nos se comprometa e comece a implicarse dunha ou outra maneira.
    O cambio ten que ser de todos e para todos e a xuventude foi é e será sempre vangarda nos cambios sociais.En Castroverde así ha de ser e este é un bo medio para impulsar unha plataforma veciñalk critica da que saian ideias aprobeitables.
    O que si e que a xente nova debe de participar dalgunha maneira.A mellor e afiliandose ós partidos e pelexando politicamente.

  3. Tino Dixo:

    Primeiro de todo, que eso foi o que escribiu un periodista do progreso, co cal non subscribo as súas informacións, so me pareceu gracioso que despois de tantos anos se acordara do caso… despois desta aclaración que non sei se facía falta…
    Bo fillo si eres, defendendo o seu pai, como debe ser… pero despois de tanto tempo, que é o que pasou? Despois de conseguir o obxectivo(a alcaldía) porque marchar? porque aceptar as presións? Porque eso, aínda que nos quede un pouco lexos esa época, si pasou. Presions e dimision… para alexarse do plano político!!!

    O tempo sempre da ou quita razón, estou totalmente de acordo!!!

    As ideas están moi ben, pero como comezar a poñelas en práctica? eso soa coma unha promesa política… vamos facer unha autovia entre as parroquias, moi ben, pero como comezamos?
    Tes todo o meu apoio para esa plataforma veciñal… pero criticar fai que mellore o concello?
    Primeiro de todo, os políticos non se preocupan po ti¡
    Se queres algo, tes que pedilo directamente, e se ven que tes un problema, suxerencia, quizais o poidan evaluar e pensar. Se ti non te preocupas dos políticos … eles dos teus problemas menos.

  4. Millan Fernandez Dixo:

    Por eso mismo creo que este espazo e idóneo para comenzar a texer unha rede crítica viva e implicada polos problemas do Concello, entre outros moitos.Non falo dunha plataforma formal, falo de que este medio (que é o teu sitio e ten moito de todo e ben) pode server para debatir sobre estes temas tamén…Creo que simplemente funcionando como foro xa se está a traballar ben porque se crea opinión. Non é criticar por criticar. Temos un arma, que é a palabra. Daí só queda pasar á acción, que é o paso máis difícil.
    Pero é o que inevitablemente hai que dar se se intenta que as cousas se parezan ó que queremos para Castroverde.
    Naide fala de criticas destructivas, nin cando falamos de cambio penso que o cambio se refira a que unha ou outra persoa non valga. O que importa é fomentar un cambio de actitudes e de maneira de pensar….
    En canto ó do problema político do 95…xa sei que solo recollias a información…en ningun caso tes que xustificar nada.
    Dende a miña perspectiva o que ocorreu é que o daquela Alcalde se quedou netamente só, e só apoiado polo aparato do partido (ó ser este o unico municipio nacionalista da provincia e querer preservalo a toda costa) e se equivocaron de cheo porque quen traballara por conseguilos votos e quen os tiña era exactamente a xente que o deixou só logo da crise provocada por meu pai, que dimitiu ó comprobar reiteradamente que as actitudes de Miguel eran impropias dalguen que se presupón demócrata e dalguen que facia o diametralmente oposto ó que lle dera votos.
    Foi unha cuestion de honradez e pulcritude democratica que foi devolta cunha implacable operación de desgaste psicoloxico hacia a persoa de meu pai (propia doutras latitudes) e á fabricación dunha teoría da conspiración da que naide ten ningún dato porque todo é fume.
    Asique nin presións, nin nada semellante. Simplemente honradez devolta coa elevación á categoría suprema de traidor á patria. Non é facil de entender ainda que neste país os cargos políticos abandoen o cargo simplemente por cuestions de conciencia cívica. Para elo hai que fabricar unha grande mentira.

    Fora disto, quen se atopou coa Alcaldia, coma todos, puido facelo mellor ou peor pero o que é un dato obxectivo é que o pobo lle otorgou a responsabilidade en 3 ocasións máis.

    Ahora sí, despois de todo esto é hora de cerrar unha etapa e quizais de cambiar. A poder ser, a mellor.

  5. Millan Fernandez Dixo:

    Por eso mesmo creo que este espazo e idóneo para comenzar a texer unha rede crítica, viva e implicada nos problemas do Concello, entre outros moitos temas. Non falo dunha plataforma formal, falo de que este medio (que é o teu sitio e ten moito de todo e bon) pode server para debatir sobre estes temas tamén…Creo que simplemente funcionando como foro xa se está a traballar ben porque se crea opinión. Non é criticar por criticar. Temos un arma poderosa, que é a palabra. Daí só queda pasar á acción, que é o paso máis difícil.
    Pero é o que inevitablemente hai que dar se se trata de que as cousas se parezan ó que queremos para Castroverde.
    Naide fala de criticas destructivas, nin cando falamos de cambio penso que o cambio se refira a que unha ou outra persoa non valga ou si. O que importa é axudar a fomentar un cambio de actitudes e de maneira de pensar e actuar….

    En canto ó do problema político do 95…xa sei que solo recollias a información…en ningun caso tes que xustificar nada porque ademáis cadaquén é libre de opinar, só faltaría!!!.
    Dende a miña perspectiva o que ocorreu é que o daquela Alcalde se quedou netamente só, e só apoiado polo aparato do partido e unha parte dos veciños (ó ser este o unico municipio nacionalista da provincia e querer preservalo a toda costa) que se equivocaron de cheo, porque quen traballara por conseguilo peso específico en votos e quen os tiña era exactamente a xente que o deixou só logo da crise provocada por Arximiro, que dimitiu ó comprobar reiteradamente que as actitudes de Miguel, logo dun ano no cargo, eran impropias dalguén que se presupón demócrata e dalguén que facia o diametralmente oposto ó que prometera e lle dera votos despois de moitos anos de “davicismo”.
    Foi unha cuestion de honradez e pulcritude democratica que foi devolta cunha implacable operación de desgaste psicoloxico hacia a persoa de meu pai (propia doutras latitudes) e á fabricación dunha teoría da conspiración da que ninguén ten ningún dato, porque todo é fume.
    Asi que nin presións, nin nada semellante. Simplemente honradez devolta coa elevación á categoría suprema de traidor á patria por parte dalgúns fanatizados. Non é facil de entender ainda que neste país os cargos políticos abandoen o cargo simplemente por cuestions de conciencia cívica. Para elo hai que fabricar unha grande mentira, e ás veces, xa se sabe, case que se converten en verdade.

    Fora disto, quen se atopou coa Alcaldia (o actual rexidor), coma todos, puido facelo mellor ou peor, pero o que é un dato obxectivo e irrefutable é que o pobo lle otorgou a responsabilidade en 3 ocasións máis. Pódese entrar a debatir nese outro plano….(se por falta de rivais de peso, se por hastío xeneralizado…)

    Ahora sí, despois de todo esto é posible que sexa hora de cerrar unha etapa e quizais de cambiar. A poder ser, a mellor. Pero aí é onde entra a vontade de todos…despertando do seu sono….

    Que conste que todo o que dixen é a miña opinión persoal, que pode ser rebatida en calquer momento….

  6. Tino Dixo:

    Buuff, teño que ter tempo para comentar esta resposta…
    estou e non estou dacordo, pero xa o falaremos esta noite….

Olark Livehelp