Castroverde xa conecta internet.(a través dun bus) 4 días, 3 actores e o ‘Desembarco de Normandía’
Xun 20

I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/

Chuzame! chuzame -

6 Comentarios a “Concurso ’sorpresa’: que é para ti Castroverde?”

  1. Miguelón Dixo:

    Moitos pensarán que Castroverde é outra vila máis, que nada a diferencia de calquera outra, pero cando se vive lonxe da casiña rematas por darte de conta que o lugar onde viviche toda a túa vida non se pode cambiar por nada, e especialmente Castroverde, con un encanto sen definición. Creo que a causa do noso amor por Castroverde son os seus recunchos, os regatos, as fontes, os camiños….. en fin, a sua natureza.

    (Eu son de Castroverde, e ti?)

  2. IriaenLanuBe Dixo:

    Espasande, é ese lugar no que me encanta refuxiarme cando Madrid me farta, é ese lugar no que sonrio nada máis descender entre a pista recuberta de carballos, o lugar donde vexo as estrelas, donde vexo a posta de sol tras o Forno da Vella, donde conto os tréboles de catro follas… é o lugar no que nacín e vivín durante moitos anos: O lugar donde aprendín a ser como son.

    ——-
    De Castroverde en xeral non digo nada… por a vila non é que me agrade moito e o resto de povos case non os coñezo asique, eu falo do que coñezo.

    bico*

  3. Tino Dixo:

    A miguelón… eu tamén son do concello de castroverde, de Masoucos.

    A IriaenLanube e todos os demais, gracias pola respostas. Espero sorprendervos co resultado…

  4. Millan Fernandez Dixo:

    Houbo a alguén que se lle ocorreu xuntar duas verbas para definir un lugar marabilloso, cheo de vida apacible, xente forxada na dureza do traballo cotiá e de Historia e lendas por contar…
    Castroverde para min é a síntese poética do que Castelao e Rosalía entendían por Galiza e os galegos e tamén soubo Blanco Amor mitificar na Esmorga (se algo hai en Castroverde e bos festeiros, e algo interxeneracinal…). Está cheio de recunchos por descubrir dende Bolaño á Pumarega ou dende Vilabade a Sampaio….Furís…Montecubeiro….¡¡¡¡Masoucos!!!!!…e como tódolos lugares forxou unha identidade propia, unha idiosincrasia castroverdense que non se ve, so se sinte. Forma parte da bisbarra Pol-Baleira-Baralla-Castroverde, e Lugo está a un paso…ás portas da civilización!!!!
    Dende as revoltas Irmandiñas ata a Guerra da Independencia Castroverde figura no mapa por ter xente valerosa e irreductible. Os indíxenas castroverdenses andan espallados polo mundo…ata temos un mago!!!!e unha futura medalla olímpica!!!!. Aquí tamén se probou a represión e a longa noite de pedra como en ningures. Somos fillos do máis galego dos concellos. Ata o Himno fala de nós…..( ….co fin dos verdes caaaaaastros…..fogar de Breogán……)

  5. Millan Fernandez Dixo:

    Bueno, non sei agora mesmo se é co fin…ou confín dos verdes caaaaastros……….o caso e que se dalgún lao era Breogán, a bo seguro que era daquí…..!!!!!

  6. Tino Dixo:

    Vaia resposta máis profunda, pero coma masoucos non hai nada¡¡¡¡ Aínda que os outros lugares tamén e recomendable a súa visita eeehhh¡¡¡

Deixa a túa resposta