Xuñ 20
I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/
I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/
2008-06-22 at 10.05 p.m.
Moitos pensarán que Castroverde é outra vila máis, que nada a diferencia de calquera outra, pero cando se vive lonxe da casiña rematas por darte de conta que o lugar onde viviche toda a túa vida non se pode cambiar por nada, e especialmente Castroverde, con un encanto sen definición. Creo que a causa do noso amor por Castroverde son os seus recunchos, os regatos, as fontes, os camiños….. en fin, a sua natureza.
(Eu son de Castroverde, e ti?)
2008-06-25 at 8.28 a.m.
Espasande, é ese lugar no que me encanta refuxiarme cando Madrid me farta, é ese lugar no que sonrio nada máis descender entre a pista recuberta de carballos, o lugar donde vexo as estrelas, donde vexo a posta de sol tras o Forno da Vella, donde conto os tréboles de catro follas… é o lugar no que nacín e vivín durante moitos anos: O lugar donde aprendín a ser como son.
——-
De Castroverde en xeral non digo nada… por a vila non é que me agrade moito e o resto de povos case non os coñezo asique, eu falo do que coñezo.
bico*
2008-06-27 at 9.44 a.m.
A miguelón… eu tamén son do concello de castroverde, de Masoucos.
A IriaenLanube e todos os demais, gracias pola respostas. Espero sorprendervos co resultado…
2008-07-23 at 5.19 p.m.
Houbo a alguén que se lle ocorreu xuntar duas verbas para definir un lugar marabilloso, cheo de vida apacible, xente forxada na dureza do traballo cotiá e de Historia e lendas por contar…
Castroverde para min é a síntese poética do que Castelao e Rosalía entendían por Galiza e os galegos e tamén soubo Blanco Amor mitificar na Esmorga (se algo hai en Castroverde e bos festeiros, e algo interxeneracinal…). Está cheio de recunchos por descubrir dende Bolaño á Pumarega ou dende Vilabade a Sampaio….Furís…Montecubeiro….¡¡¡¡Masoucos!!!!!…e como tódolos lugares forxou unha identidade propia, unha idiosincrasia castroverdense que non se ve, so se sinte. Forma parte da bisbarra Pol-Baleira-Baralla-Castroverde, e Lugo está a un paso…ás portas da civilización!!!!
Dende as revoltas Irmandiñas ata a Guerra da Independencia Castroverde figura no mapa por ter xente valerosa e irreductible. Os indíxenas castroverdenses andan espallados polo mundo…ata temos un mago!!!!e unha futura medalla olímpica!!!!. Aquí tamén se probou a represión e a longa noite de pedra como en ningures. Somos fillos do máis galego dos concellos. Ata o Himno fala de nós…..( ….co fin dos verdes caaaaaastros…..fogar de Breogán……)
2008-07-23 at 5.24 p.m.
Bueno, non sei agora mesmo se é co fin…ou confín dos verdes caaaaastros……….o caso e que se dalgún lao era Breogán, a bo seguro que era daquí…..!!!!!
2008-07-23 at 7.38 p.m.
Vaia resposta máis profunda, pero coma masoucos non hai nada¡¡¡¡ Aínda que os outros lugares tamén e recomendable a súa visita eeehhh¡¡¡
2008-10-11 at 3.15 p.m.
mellor tarde que nunca.. xa teño internese¡¡ e despois d ir a madrid e volver no mismo dia, e ver a feira exposicion que era ó que iba… debo dicir e digo………… que como castroverde non ai donde!!!!!!!!!!!!! :D q paz q tranquilidade q ……. sosego….
q man d moscas, q non se dan esfumado (tamen ai q dicilo jijiji) . pero bueno.. tanto castroverde, como todas as parroquias que lle dan a vida, son un mar de tranquilidade e paz. o triste é non saber valoralo como deus manda, os que aki vivimos.
2008-10-24 at 2.29 p.m.
Gracias a este post, dentro de pouco haberá novedades e a sorpresas na fiestra de masoucos.
Gracias a todos por participar¡¡¡
E que castroverde é o mellor¡¡¡