Creo que é a primeira vez que estou de acordo con algún titular do diario, 20 minutos, e é que di: "Lugo recibe con honores a la triatleta Aida Valiño, subcampeona de Europa sub 23"
Así foi, Xosé Antón Bao recibiu a subcampiona de Europa sub 23 de Triatlón, da que dixo que "levará a bandeira do deporte lucense e do deporte galego por todo o mundo".
Aída dixo estar "moi agradecida" polo recibimento e a felicitación e remarcou que seguira a "loitar" para conseguir aínda mellores resultados e poder estar así "nas seguientes olimpiadas" en Londres 2012.
Despois do recibimento chegou o que mellor se lle da, competir. Arrasou na proba feminina do vixésimo triatlón do Miño, cun tempo de 1.06.53 horas para levarse o triunfo absoluto e sub-23. O segundo posto ocupouno Saleta Castro, con 1.08.14 horas e o terceiro lugar ocupouno Cristina Piñeiro, do Tríatlon Carballo, con 1.31.27 horas.
Non foi a única victoria de Aída senón que tamén se impuxo, fai unhas semanas no Triatlón de Vigo. Esta competición discurría sobre distancia sprint é decir (750 metros de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carrera a pie). Subiu acompañada o podio, pola albaceteña Ana López.
Para ver as estatísticas completas do triatlon no río miño... que mellor que utilizar os tempos do amigo junquera novo, non? http://www.championchipnorte.com/externo...

xullo 23rd, 2008 at 2:03 am
Esta Aída merece unha estatua no puto centro da Vila. E unha fenomena e xa de nova se lle via vir que ia para crack, pero das de verdade. Un honor para Castroverde.
xullo 23rd, 2008 at 7:16 pm
Xa che digo que é un honor para castroverde, é un homenaxe cando menos. Non sei, a min parécemo, non creo que haxa outro deportista que saíra deste concello… pero é unha opinión. Fenomena crack e o que queiras¡¡¡
xullo 24th, 2008 at 5:24 am
eu xa estou desexando vela e darlle un bó abrazo…
xa me queda pouco!!
xullo 24th, 2008 at 5:21 pm
E outro da nosa parte… que queremos que suba o máis alto dun podio, para celebralo¡¡¡¡ ;)