Set 29
-->
Resultados
Antas – Río Sil 1 – 1
Lucense – Sagrado Cor. 0 – 4
Portomarín – Lugo 1 – 0
Friol – Muralla 1 – 1
Rubián – Castroverde 0 – 0
Calasancio – Pradeda 4 – 0
Garabolos – Oural 0 – 2
Guntín – Comercial 1 – 1
Equipo X G E P GF GC Ptos
1. Sagrado Cor. 3 3 0 0 9 3 9
2. Oural 3 2 1 0 9 4 7
3. Río Sil 3 2 1 0 5 1 7
4. Rubián 3 2 1 0 4 1 7
5. Calasancio 3 2 0 1 7 2 6
6. Antas 3 1 2 0 5 3 5
7. Friol 3 1 1 1 6 4 4
8. Muralla 3 1 1 1 4 5 4
9. Castroverde 3 1 1 1 3 4 4
10. Comercial 3 0 3 0 6 6 3
11. Portomarín 3 1 0 2 3 4 3
12. Garabolos 3 1 0 2 3 5 3
13. Guntín 3 0 2 1 3 6 2
14. Pradeda 3 0 1 2 2 7 1
15. Lugo 3 0 0 3 1 6 0
16. Lucense 3 0 0 3 1 10 0

Próxima xornada
Río Sil-Guntín
Sagrado Cor.-Antas
Lugo-Lucense
Muralla-Portomarín
Castroverde-Friol
Pradeda-Rubián
Oural-Calasancio
Comercial-Garabolos

Regalo en forma de dous puntos, os que deixou a SD Castroverde na súa visita o campo do Rubián.

Partido moi complicado a priori, xa que o equipo local aínda non coñece a derrota nesta liga. O partido estivo totalmente dominado polo castroverde, desde o comezo, con algunha fase de ida e volta.

As mellares ocasións foron para os visitantes, primeiro para richar, que non man a man co porteiro disparalle o corpo e pouco outra boa ocasión para albino que non soupo definir, e outra máis de Carlos. O rubián pola súa parte vivía dos balons parados, que nesta ocasión non deron o resultado esperado.


Xa na segunda parte, seguiu o mesmo guión co castroverde volvado na portería rival pero sin acerto, e sufrindo cos balons aereos. Nesta segunda metade, de novo albino que dispara fora un balon. Marcos de cabeza a pase de Richard, carlos de novo e sobre todo gelo, na mesma xogada e en dúas ocasions, a primeira o corpo do porteiro, e a segunda fora por moi pouco, pudieron adiantar o Castroverde, pero non foi posible.

O partido rematou cun empate a cero que deixa mal sabor de boca polo visto no campo, e as ocasions de un ou outro equipo. Incluso o castroverde renunciou parte do segundo tempo o ataque, e sacou a un segundo mediocentro para aseguralo resultado. Unha oportunidade çunica de levarse a segunda victoria fora da casa.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Set 26
-->

Collo prestado do blog “meu arquivo” este audio para probar o podcast na fiestra. Pero que é o podcast?
O adxetivo que o define é o podcasting(termino procedente do inglés), e consiste na creación de archivos de sonido (mp3 xeralmente) para poder así distribuilo e descargalo de internet, case a carta, xa que a calquera  hora estará dispoñible para escoitar. Incluso o poderás descargar e escoitar no teu mp3, etc. Aquí vos deixo esta poesía…

Click debaixo para escoitar¡¡¡
Download

Unha posible radio por internet? Algunha idea a esta proba?

Chuzame! A Facebook A Twitter
Set 26
-->

Veñen de enviarme por correo esta foto….

E pensando pensando, recordei que tiña unha foto dun tractor parecido, como non, o “tractor”.  O FORDSON SUPER MAJOR(teñen páxina web), unha reliquia para que o teña aínda en uso. O problema deste(foto posterior) xa cada vez máis ferragacho, e o seu estado. Os anos baixo a chuvia, e o tempo que hai que non se move e traballa, fai que non se parezca muito o equilibrista en tractor, pero non coincide a marca?

non é tamén un fordson? E buscando máis imaxes deste super tractor, encontrei estoutro video, do fordson claro, pero estaba enterrado hasta o eixe!!!!!!. O curioso e ver como se inxenian para sair sen ‘tirar’ por el.

Fordson Super Major

Mundial o primeiro minuto¡¡ Si señor¡¡ Eso son recursos¡ Vaia carballo¡

Chuzame! A Facebook A Twitter
Set 25
-->

Adicado o Enxeñeiro Agrícola que envio esta adiña o meu correo. Felicidades, ou como che gusta a ti… parabens¡¡¡¡ Xa estás capacitado para subir o precio dos creditos de novo, e chupar subvencions a mansalva¡¡ A celebralo¡¡¡¡

Vamos coa adiviña… e antes de nada lee esta advertencia moi importante;
Advertencia: Ten en conta que non hai trampas, non hai cousas escondidas,
todo está á vista.

Algo máis: se non coñeces o exemplo, permíteme unha suxestión. Trata de pensalo só porque vale a pena. En particular, porque demostra que o que cres sobre ti mesmo ao mellor non é tan certo. Ou, en todo caso, é incompleto.

Antonio, pai de Roberto, un neno de 8 anos, sae conducindo desde a súa casa en Santiago diríxese rumbo a Viña del Mar.

Roberto, vai con el.

No camiño prodúcese un terríbel accidente. Un camión, que viña de fronte, sáse da autopista e embiste ao auto de Antonio

O impacto mata instantáneamente a Antonio, pero Roberto segue con vida.

Unha ambulancia de Viña del Mar chega case de inmediato, advertida polas testemuñas, e o neno é trasladado ao hospital.

Nada máis chegar, os médicos de garda comezan a tratar ao neno con moita dedicación pero, despois de intercambiar opinións e estabilizalo, deciden que non poden resolver o problema de Roberto. Necesitan consultar. Ademáis, advirten o risco de trasladar ao neno e, por iso, deciden deixalo internado alí, en Viña del Mar. Despois das consultas pertinentes, comunícanse co Hospital de Nenos de Santiago e finalmente conversan cunha eminencia no tema, a quen poñen en coñecemento do ocurrido. Como todos concordan en que o mellor é deixar a Roberto en Viña del Mar, a eminencia decide viaxar directamente desde Santiago cara alá.

Os médicos do lugar preséntanlle o caso e esperan ansiosos a súa opinión .
Finalmente, un deles é o primeiro en falar: ‘Está vostede en condicións de tratar ao neno?’, pregunta cun fío de voz.

E obtén a seguinte resposta: – ‘Como non o vou tratar se é o meu fillo!’.

Ben, ata aquí, a historia. Está en ti o tratar de pensar unha maneira de que teña sentido. Como non compartimos a habitación, ou onde sexa que esteas, insisto en que non hai trampas, non hai nada oculto. E antes de que leas a solución, quero agregar algúns datos:

Antonio non é o padrastro.

Antonio non é cura.

Agora sí, déixote na compaña da túa imaxinación. Iso sí, suxíroche que leas outra vez a descrición do problema e, creme, é moi, moi sinxelo.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Set 22
-->

SD CASTROVERDECALASANCIO

Partido vistoso e con ocasions para os dous equipos o disputado no campo dos escolapios, en Monforte, entre o Calasancio e o Castroverde.

Cun equipo ofensivo saiu o Castroverde en busca da segunda victoria a domicilio, e así poder liderar a clasificación da terceira regional no seu grupo XIII.

Na primeira parte tivo as mellores ocasións, unha delas nas botas de albino, que non acerta no mao a mao co porteiro, e dispara arriba. Un fallo que non mermou a intensidade do partido e calquera dos dous puido irse cun gol de ventaxa no descanso.

Na segunda cun equipo no que cada minuto que pasaba se replegaba un pouco máis o calasancia dominou case a placer, pero doutra volta a ocasión foi para Marcos, o seu disparo foi desviado por un defensa e pega no pau. Albino non chega para marcar.

A partir de ahí pouco máis se puido ver, ata que unha falta a balón parado que naide atalla a despexar, sube o marcador local. Unha xogada a balón parado que supuxo un golpe grandísimo. O equipo veuse abaixo fisica e moralmente, e pouco despois encaixou o segundo tamén a balón parado. Desta volta de cabeza no segundo pao.

Xa pouco ou nada se podía facer, primeira derrota da temporada contra un dos claros favoritos a luitar polos postos de arriba. Próxima estación, Rubián, aínda invicto. Haberá que mellorar e sair o ataque¡¡¡
Destacar tamén o debut de Guti, unha das promesas do equipo, que conta tan so con 16 anos.

Castroverde: 1.- Chino, 2.- Iván, 3.- Óscar, 4.- Pere, 5.- Juan, 6.- Javi, 7.- Albino, 8.- Carlo, 9.- Marcos, 10.- Richard, 11 .- Gelo. Tamén xogaron Tino, Manolo, e Guti(Debut).

Resultados, clasificaión e próxima xornada:

Resultados
Lucense – Antas 1 – 3
Portomarín – Río Sil 0 – 1
Friol – Sagrado Cr. 1 – 2
Rubián – Lugo 1 – 0
Calasancio – Muralla 1 – 2
Garabolos – Castroverde 2 – 3
Comercial – Pradeda 2 – 2
Guntín – Oural 1 – 4

.

Equipo X G E P GF GC Ptos
1. Oural 1 1 0 0 4 1 3
2. Antas 1 1 0 0 3 1 3
3. Castroverde 1 1 0 0 3 2 3
4. Muralla 1 1 0 0 2 1 3
5. Sagrado Cr. 1 1 0 0 2 1 3
6. Río Sil 1 1 0 0 1 0 3
7. Rubián 1 1 0 0 1 0 3
8. Comercial 1 0 1 0 2 2 1
9. Pradeda 1 0 1 0 2 2 1
10. Garabolos 1 0 0 1 2 3 0
11. Calasancio 1 0 0 1 1 2 0
12. Friol 1 0 0 1 1 2 0
13. Lugo 1 0 0 1 0 1 0
14. Portomarín 1 0 0 1 0 1 0
15. Lucense 1 0 0 1 1 3 0
16. Guntín 1 0 0 1 1 4 0


Próxima xornada

Antas-Guntín
Río Sil-Lucense
Sagrado Cr.-Portomarín
Lugo-Friol
Muralla-Rubián
Castroverde-Calasancio
Pradeda-Garabolos
Oural-Comercial

P.D. Eso si é apoio a un club(Calasancio). Botade una ollada a súa páxina web. Aínda nos queda muito camiño para ser un club serio, e con apoyos, pero sería una pena non ascender este ano… e quedarse sen equipo…

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp