Out 29
-->

Ando a actualizar os enlaces da páxina, sobre todo relacionados co concello de castroverde. Estes son os novos e moi recomendables enlaces:

  • Jeu de Paume. Blog de Millán Fernandez. Defineo el mesmo como Blog progresista para fomentar el diálogo, tratar la política, reflexionar sobre la actualidad, crear….” Xa fai tempo que me pedíu este enlace, pero máis vale tarde que nunca. Largas reflexions obre actualidade, e temas varios. Se che gusta ler, é reflexionar este é o teu blog.
  • Páxina web da parroquia de Santiago de Espasande. Destacar o repaso que fai a súa historia, e a enumeración das súas casas.
  • Blog personal de Marta y Efraím. Como o nome mesmo o dí, é un blog persoal que eles defines como Blog personal de Marta y Efraím, donde exponemos nuestras ideas, críticas, comentarios… sobre temas relevantes y/o poco tratados y conocidos por la sociedad. Interesantes temas e actualizacion frecuente.
  • Castroverde Futbol Sala. Páxina web do equipo de futbol sala do concello. Resultados, galería, clasificación, etc multitude de menús; ademais de compartir moitos dos problemas dun equipo deportivo coa SD Castroverde.

Espero que vos gustaran os enlaces que recomendo e que a partir deste momento teñen un sitio na fiestra. Espero os vosos comentarios sobre estas web, mellor se son os seus autores, e se olvidei algçun enlace que cres interesante, non o dudes e faimo saber.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Out 28
-->

Vendo a foto sacada de sinergias, puxenme a escribir da problemática das TIC (Tecnoloxías da información e a comunicación);

O Convenio das TIC, cada día está máis lonxe. 18 meses de negociación tirados a basura, literalmente, perdidos en negociacións por un convenio xusto para Colectivo de Consultoría e empresas TIC. Agardábase que todo transcurrira con normalidade, pero o que sucedeu, e que algunhas das empresas que non estaban na mesa da negociación, e que non estaban ao día do que se iba a firmar, entereraronse no último momento, e paralizaron o proceso.
Son dúas das grandes, INDRA (a cabeza pensante dun monstruo que extende a súa actividade por múltiples sectores e actividades), e IBM, (a ata fai pouco vendedora de pc’s), ás que se sumaron EVERIS (qué decir), IECISA(que aínda aplica os seus traballadores o convenio correspondiente ao Corte Inglés, o dos grandes almacens) e algunha que outra consultora, as que paralizaron o proceso.
Pero, por qué se negaron a firmar ese acordo do novo convenio? A resposta está na súa diversificación cara centros de desenvolvemento de software fora das grandes cidades, donde poden contratar traballadores sen experiencia e ofrecerlles un salario mínimo. Non lles gusta ademais a forma de xestionar ás carreiras

profesionais, con promocions automáticas por antigüedade. Ademáis de non aceptar as 1800 horas anuais traballadas, nin os 30 días naturais de vacacions.

O último convenio que se firmou data do ano 2006, pero é unha chapuza doutros anteriores, sobre todo o do ano 1992, donde existían categorías como ‘Calcador’ e ‘Perforador’, que hoxe en día, evidentemente, non aplican.
Todo un paso atrás para lograr mellorar e dignificar o traballo dos enxeñeiros, e técnicos de informática. Un traballo pouco valorado e cheo de outro moitos problemas, como o instrusismo, etc, etc.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Out 27
-->

Resultados
Sagrado Cor. – Lugo 5 – 1
Río Sil – Muralla 1 – 1
Antas – Castroverde 1 – 4
Lucense – Pradeda 1 – 4
Portomarín – Oural 1 – 1
Friol – Comercial 2 – 3
Rubián – Garabolos 3 – 1
Guntín – Calasancio 1 – 2

Próxima xornada
Lugo-Guntín
Muralla-Sagrado Cor.
Castroverde-Río Sil
Pradeda-Antas
Oural-Lucense
Comercial-Portomarín
Garabolos-Friol
Calasancio-Rubián

CLASIFICACION X. G. E. P. G.F. G.C. Ptos
1. Sagrado Cor. 7 6 0 1 17 6 18
2. Río Sil 7 4 3 0 9 3 15
3. Calasancio 7 4 2 1 17 6 14
4. Oural 7 3 4 0 15 9 13
5. Muralla 7 3 3 1 15 7 12
6. Comercial 7 3 3 1 17 16 12
7. Rubián 7 3 3 1 11 10 12
8. Castroverde 7 3 1 3 13 9 10
9. Portomarín 7 2 3 2 7 7 9
10. Friol 7 2 2 3 11 10 8
11. Antas 7 2 2 3 14 15 8
12. Garabolos 7 2 1 4 12 14 7
13. Pradeda 7 1 4 2 10 12 7
14. Guntín 7 0 3 4 6 14 3
15. Lugo 7 1 0 6 5 22 3
16. Lucense 7 0 0 7 6 25 0

Copio e pego a crónica do fotolog, da SD Antas, un bo resumen do acontecido no partido. Correxin algún erro, e maticei algunha cousa, como o dos incidentes nos aledaños, no que naide da SD Castroverde tivo relación.

SD ANTAS: Raúl, Barrio, Carrera (Senande, min 75), Chin, Revivo, Nando, Díaz, Adrián Antas, Víctor (Robert, min 75), Chiqui Taboada (Chiqui Antas, min 46) e Gavi (Juan Carlos, min 63)

Castroverde: Marcos, Bruno (Óscar, min 88), Juan (Rivas, min 80), Pereira, Javi, Pin, Albino, Héctor, Carlos, Richard (Tino, min 80) e Ángel (Cabana, min 70) (Teijeiro, min 73)

GOLES:
0 – 1 Richard ; 1-1 Víctor; 1- 2 Richard; 1-3 Albino; 1 – 4 Tino.

Amonestacións: EXPULSADO; Adrián Antas (ANTAS) e Héctor (CASTROVERDE)

Partido correspondente á séptima xordana do campeonato de Liga en Terceira Autonómica no grupo 13.
Terceira derrota da SD Antas no campionato que fai que perda pouco a pouco as opcións de ascenso a Segunda para o próximo ano.
Primeira derrota na casa nesta temporada e serio correctivo ós de Chin que se presentaban coas baixas de Diego, André e Brais para o duelo cun Castroverde lanzado que consigue a súa segunda victoria consecutiva e adianta na clasificación á SD Antas.

O partido comezou fulgurante por parte visitante, enchufadisimo o Castroverde non tardou en acercarse ós tres paus locales hoxe defendidos por Raúl, numerosas ocasións e cerca do minuto 8 chegaba o primeiro da tarde. Gran gol de Richard desde o borde da área que superaba a Raúl.

A SD Antas tentaría facerse co control do partido, e en canto empezou a trenzar algún pase chegaron as ocasións e así nun centro desde a esquerda de Chiqui Taboada cabezeaba Víctor á rede e empataba o partido no minuto 19. (Foi dun saque de banda… e creo que non hoube centro, e o gol precido dunha man clarísima, que fixo que a defensa se quedara plantada).

A partir de ahí chegou a pintoresca actuación do árbitro que suspendeu o partido á media hora ó non ser capaz de olvidarse da grada e sentirse agredido cos comentarios desta. O encontro tardou 20 minutos en reanudarse e nese cuarto de hora que faltaba o Castroverde conseguiu o 1-2 nun pase á espalda da defensa de Ángel e que Richard aproveita quedandose solo ante Raúl e batindoo por baixo, corria o minuto 40 da primeira parte.

O Antas saliu noqueado dos vestiarios…como fai sete días e esto acompañado da pintoresca actuación arbitral que se inventou a expulsión de Adrián Antas no minuto 61 e tamén expulsou a un xogador visitante de forma rigurosa no 65.
Así cos equipos en inferioridade igualada, o Antas comezou a chegar a área de Marcos con ocasións e acercamentos e algunha xogada polémica que se podería convertir en pena máxima sobre Robert e sobre Chiqui Antas.
Co Antas volcado chegaba a contra do Castroverde que transformaría dous tantos máis, unha mala salida de Raúl deixaba a Albino o 1-3 nunha contra rápida, e un rexeite de Raúl e o 1-4 de Tino. Despois sucederon incidentes nos aledaños do campo, total que o mellor do partido é que rematara e solo queda pensar en volver a coñecer a victoria e sumar para non despegarse máis.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Out 24
-->

O espectáculo de expresión corporal co que a Escola Técnica de Arquitectura da Coruña sorprendeu aos seus alumnos parece que non funcionou. Poucos viron a metáfora de espirse de prexuízos para deixar fluír a creatividade. Poucos foron o que eso viron, e no que si o fixeron foi nos móviles para grabala escena, para pasala o yut tube e que reixix me pasou por correo. Graciñas¡

Liberdade de expresión, obra de arte, ou mala xestión dos recursos do campus?

Chuzame! A Facebook A Twitter
Out 22
-->

Gracias a Noe por enviarme esta curiosa forma de aprender a multiplicar por 9 coa soa axuda das mans. Increible¡  Así xa nunca se che olvidará a tabla do nove, aínda que as outra poda que si.

Agrego ademais outro video de como facer multiplicacions con trazos e líneas, un método práctico e orixinal… aínda que pouco recomendable para facelo a cotio.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp