Xa se prevía o peche, pero non deixa de sorprender que Leche Pascual deixe de recoller leite en Galicia. Primeiro foi prescindindo de parte da produción das cooperativas, Terra Cha e Melisanto, e hoxe remata o traballo para 150 persoas da fábrica de Outeiro de Rei. Unha fábrica que en 1998 abordou un importante investimento para incrementar a súa capacidade de producción que hoxe remata, deixando de recoller leite de concellos como o noso, Castroverde, Ordes ou Santa Comba.
O que non se acaba de entender é como se chegou a esta situación. O sector lácteo galego progresou de forma ineficiente, houbo unha recorvensión increible, pero insuficente? é o mundo, cambiou muito?.
Un sector que acumula a tantas familias non é posible que esté tan desorganizado. Xa hai tempo (máis de 20 anos) que moitas multinacionais francesas puxeron o pé na pénínsula ibérica, concentrando profundamente o negocio da venda de productos agrogandeiros. Eso xa era un síntoma de que o seu sector estaba en mudanza. Máis recentemente introduciron productos chamados de marca branca que ainda dan unha volta máis na situación. Qué fai mentres o sector….NADA??.
Por outra banda entran en xogo as subvencions. Durante moitos anos chegaron subvencions, pero aínda así non chegan a ser nin a metade de productivos que os franceses(estes ademais apoiados polo estado), por exemplo. Salvo algunhas excepcions o que se fai cos cartos das subvencions e metelos no peto en vez de invertir na SÚA EMPRESA. Chega con darse unha volta polo rural… na maioría dos casos pouco cambiou coas subvencions. Si, o que quedou ten máis vacas, pero a maioría emigraron; e o máis habitual e comprarse un tractor último modelo, así trabállase máis cómodo e a vez temos un tractor máis grande que o do veciño, quen o pode negar!.
O leite vale o que vale, gastos de producción aparte, pero cal é o precio xusto? A que empresario,ou a que traballador lle aseguran un prezo minimo por algo? A ningun?. A administracion pouco fixo tanto polos productores de leite como polos gandeiros e agricultores, e nada por modernizar e facer rendible o rural galego.
O peixe que se morde a cola, no que todos somos responsables en maior ou menor medida. Sabremos saír?

Replicantes…