mai 26

Logo onda cero LugoAínda non o asumín; Non imaxino como, pero gracias a Lourdes de Onda Cero Lugo, que caeu na fiestra e lle chamou a atención o noso blog, mañá terei a posibilidade de comentar e ser entrevistado no programa local, será arredor das 13.30 no 94.9 da FM.

Foi sen duda unha agradable sorpresa. E para nada esperada. Sigo aínda desconcertado de como chegou a min, e porque elexiu a Fiestra de Masoucos, coa de blogs que hai espallados en internet!!!

So podo decir gracias, é un pequeno premio para o esforzo destes tres (un pouco máis) últimos anos, no que ás veces se fai un pouco ingrato escribir. Como por exemplo cando non hai comentarios, cando parece que as Entrevistaentradas que tanto mimache non teñen a aceptación esperada, cando cometes erros, cando... etc, etc. Por todo esto e por moito máis estou completamente agradecido.

Non quero deixar pasar a ocasión para recordar que este premio extra, forma tamén parte en maior ou menor medida de 'UndeTordea' e as súas 'verbas falangueiras',  a ausente 'Faleieu' e a súa 'Leira Musical', 'Kali' e  'Jose' que  se asoman a esta fiestra, apoiando e dando a súa sabia opinión. E como fin último a todos os que se pasan, os que comentan, os que leen e xa esperan unha nova entrada, e a todos os que se interesan pola "fiestra de masoucos" : 'o blog de masoucos, Castroverde'.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

12 Comentarios a “Premio extra para a Fiestra de Masoucos”

  1. Millan Fernandez Dixo:

    Noraboa Tino. Merécelo. A deixar o pabellón alto, ninguén o dubida!!!!

    Cando poidas, a ver se deixas colgada a entrevista para os que non poidamos escoitala en directo, teñamos a oportunidade. Sorte amigo!!

  2. Laura Dixo:

    Noraboa Tino!! Alégrome un montón. Acabo de ver o da entrevista no facebook e non sabía de que falabas ata que abrin a fiestra.
    Estou dacordo con Millán, a ver si podes meter un podcast ou algo para os que non estamos en Lugo e non podemos oirte.
    A verdade e que é un premio mais que merecido por todo o que nos entretés e nos infomas neste blog.
    Un bico moi grande e noraboa de novo, e non te poñas nervioso mañán na entrevista jejeje.

  3. pilladooo Dixo:

    Ahí estamos!!!!!! FeliciDadesss Tino!!! Aver se o podo escoitar. Moi moi ben!!

    Saúdos

  4. Kali Dixo:

    Noraboa Tacho! A ver si consigo escoitala desde aqui… senon seguro que alguen a grabará e a colgará non?
    Un abrazo e sorte! jejejeje.

  5. Ro Dixo:

    Noraboa!! Acábome de enterar de que a entrevista é por un premio ó blog…
    Pois voume ter que despertar para escoitala! Porque aínda que non participe sempre entro na páxina para ver que hai de novo, e é aqui onde me entero de cousas que senon non me enteraría… :)
    Sorte mañá!

  6. hadex Dixo:

    Noraboa!!!! Espero escoitarte logo. Sempre escoito a Lourdes gústame moito…..

  7. lu Dixo:

    noraboa!!!!!!!! jeje xa pouco keda q decir así q simplemente, SE TU MISMO :D

  8. Noe Dixo:

    OLE!!!!!!!!Noraboa Tino…….e un merecido premio o teu esforzo por marter esta fiestra!un saudo!!

  9. o de sempre Dixo:

    a ver se colgas a entrevista, que queremos escoitarte!
    saúdos desde o torreón

  10. ennomedosrapacesde4ºesodocpidecastroverde Dixo:

    NORABOA!!! Estiveches moi ben na radio!!!

  11. Tino Dixo:

    Gracias a todos, especialmente os de 4º da ESO.
    Seguro que se me notou un pouco nervioso, pero creo que en lineas xerais saiu bastante ben, aínda que quedaron cousas no baúl! En canto teña o corte, estará listo para escoitar na fiestra, como non!!

    Gracias, por participar de forma masiva!!! Da gusto!!!

  12. Desi Dixo:

    Noraboa Tino!!!. Estiveches moi ben na radio!!

Deixa a túa resposta