As obras comezarán(por fin) este próximo dez de agosto, e como ben dice Ángel Vaqueiro na súa crónica do Progreso, será coma un parto en dous séculos, que rematará en abril do ano próximo(2010). Tan so queda disfrutalas e conservalas!
O RECORTE ♦ Parto
Non é de estrañar que se vaia tardar en construír a piscina descuberta de Castroverde o mesmo que un embarazo. Porque cando remate, aquilo vai ser case como un parto, moi pero que moi longo, porque o primeiro proxecto e as obras iniciais, abortados, son de comezos dos noventa. Os de Castroverde poderán, iso si, gabarse de ter unha das obras máis lentas da historia, que se fixo nada menos que en dous séculos. Debe de ser por aquilo de que os olmos son árbores moi duradeiras. Agora a ver se este embarazo chega a bo fin e o pequeno nace san.
Neste segundo vídeo podemos saber máis sobre a praza maior e a Universidade.
Nesta terceira entrega non podían faltar ás tapas e algúns dos lugares con máis tradición da cidade.
O Museo de Art Noveau e Art Decó, con sede na Casa Lis de Salamanca, onde se exhiben máis de 1600 pezas agrupadas en distintas coleccions. Ademais tamén se da un paseo polo huerto de Calixto e Melibea, nesta última entrega.
-->
Se aínda non sabes con certeza a onde ir de vacacions… aquí tes unha posibilidade.
Fai ben pouco descubrín VIAJAR: 48, un programa do canal Viajar no que Alfonso González, o seu presentador, nos descubre unha cidade en 48 horas co máis típico, tal e como unha viaxe de fin de semana. Lugares insólitos, locales interesantes, diferentes…
Alfonso González ten 48 horas para descubrir os emblemas da cidade, neste caso de salamanca.
Descubrindo as catedrais:
Neste segundo vídeo podemos saber máis sobre a praza maior e a Universidade.
Nesta terceira entrega non podían faltar ás tapas e algúns dos lugares con máis tradición da cidade.
O Museo de Art Noveau e Art Decó, con sede na Casa Lis de Salamanca, onde se exhiben máis de 1600 pezas agrupadas en distintas coleccions. Ademais tamén se da un paseo polo huerto de Calixto e Melibea, nesta última entrega.
Recollo este interesante montaxe de fotos no vídeo “Castroverde en fotos”, desde o blogue de Jose Pereira Miranda, “Cosas de Pepe”; outro blogue que comezou falando de Castroverde, do seu medio natural, demografía, etc, aínda que moi parecidos os que se poden atopar na web esgalicia.com.
Ademais agrego tamén estoutra composición de fotos, subida o YouTube por Pilladooo.
“Boas, Rabo de Raposo.” Así titula Jaureguizar a súa experiencia o paso pola feira do cabalo, onte en Castroverde. Con fotos de Sebas Senade, ademais recolle impresions de varios dos propietarios que se desplazaron ata a feira, no que foi un éxito de asistencia e visitantes.
José Guergué, propietario de varios animais defende que «ten que gustarche moito isto, porque todos son gastos. Para competir en Castroverde, temos que pagar gasolina e as comidas de catro persoas».
Maiores aínda son os gastos de Mário Costa, quen viaxou dende Portugal con cinco cabalos, «cando logo os premios son de 120 euros como moito, se os consegues gañar».
O seu compatriota Armindo pensa o mesmo e engade que «eu ando nisto porque sempre houbo cabalos na casa e me gusta, pero os premios dan para tomar algo cos amigos e pouco máis».
Ambos os dous desprázanse dende Portugal, malia que prefiren as probas do seu país, «porque son máis bravas», apunta Mário. Este xinete explica que «as carreiras lusas non se fan a unha volta, senón a catro, polo que o animal xustifícase. Nas carreiras galegas, cando o cabalo está entrando en calor, ten que parar».
A Rabo de Raposo resúltalle indiferente facer un percorrido a unha volta ou a catro, porque a el abóndalle con cabalgar, algo que fai dende hai corenta anos, cando tiña dez. Pasa a trote por diante de José Guergué, saúdando dende o remolque, coas dúas colas de raposo erguidas polo vento.
2- Guía explicando o conxunto da Torre da Homenaxe.
-->
O presidente da Diputación, José Ramón Gómez Besteiro, o alcalde de Castroverde, José María Arias, a presidenta da Sociedad Española de Cardiología, María Jesús Salvador Taboada, o presidente da Fundación Española del Corazón, Leandro Plaza Celemín, entre outros, presentaron hoxe a nova oferta do programa “Km0. Deputación de Lugo”, denominado “Km0 a Compostela”. O programa de visitas guiadas ofrece 25 rutas cardiosaudables, totalmente gratuitas.
Pero non so presentaron este acto, senón que tamén se pasaron por Vilabade, donde Gómez Besteiro foi beber «dá mellor auga do mundo», a dá fonte dá Bica.
Replicantes…