Set 24

Este vídeo, grabado no volcán Kilahuea, parece que está grabado nunha zona de fácil acceso e así o aseguran varios espectadores que descubriron o lufar ‘real’ e de fácil
acceso.  Pero acaso os vídeo de Grills comendo unha larva xigante, ou ollo dun animal morto, son tamén montaxes da cadena e do protagonista?  Ou é realmente o que queremos ver?

Chuzame! A Facebook A Twitter -->

Quen ande despistado, “El Último Superviviente” é un programa no que un ex soldado escoces das SAS, Bear Grills, é soltado a súa sorte  en paraxes absolutamente solitarios (Siberia, Sahara, Pampa, Montañas Rocosas por poñer algunhos exemplos)  con pouco máis que roupa de abrigo. Unha vez alí trata de mostrarnos técnicas de supervivencia e claves para encontrar de novo a civilización (a primeira de todas, non a olvidedes, é  encontrar un rio e baixar seguindo o seu curso).

Actualmente estase a emitirse en “Cuatro”, aínda que a versión orixinal é producida polo canal Discovery Channel. Pero estes últimos días salíu o debate sobre unha suposta farsa no programa . Aquí tedes o vídeo da polémica…

Este vídeo, grabado no volcán Kilahuea, parece que está grabado nunha zona de fácil acceso e así o aseguran varios espectadores que descubriron o lufar ‘real’ e de fácil
acceso.  Pero acaso os vídeo de Grills comendo unha larva xigante, ou ollo dun animal morto, son tamén montaxes da cadena e do protagonista?  Ou é realmente o que queremos ver?

Chuzame! A Facebook A Twitter

Set 19
-->


polas festas de castroverde…

Posted by ShoZu

Chuzame! A Facebook A Twitter
Set 14
-->

Non me puiden resistir a poñer esta curu¡osa foto sacada dunha pipa que lle collín a un páxaro.

Aquí tedes a resposta a: ¿Cal será o ingredinte secreto da e sorprendente da Coca-Cola?
Como dirían a Mucha e Nucha da Carmucha, que nunca comparece porque é vítima dos imprevistos máis disparatados:

“A Carmucha jústanlle as augas negras porque lle saben a Coca-Cola e a Coca-Cola, como se sabe, ten jas natural. Estourou, soltou un fojete que matou a Toñito da Barrala”.

Made in galicia!

Chuzame! A Facebook A Twitter
Set 10
-->

Visto o éxito da anterior entrada sobre a Venganza do Campo, repetimos temática con outro interesante texto, desta volta de Tana Oshima, que nos recomenda @ comentarista “eu”.

Moita xente está convencida de que esto é unha utopía e chama románticos os que si creen que o campo volverá a ter unha importancia destacada na nosa sociedade, pero vos que creedes?

Tana Oshima | Madrid

Riomao, pueblo abandonado“¿Despoblación? No, ¡vaciamiento¡España está vacía por dentro!”,dice un portavoz del Observatorio Español de la Sostenibilidad al otro lado del teléfono. “Nada nuevo: lleva ocurriendo 50 años”, comenta, a su vez, Julio Pérez Díaz, demógrafo del CSIC.

Cierto: prácticamente todos los madrileños, por ejemplo, tienen un pueblo. Esto quiere decir que sus progenitores o abuelos salieron del campo y ahora vuelven en familia durante las fiestas locales. Algunos se quedan una temporada ahora que hay crisis; otros, atraídos por la vida campestre. Por eso también se habla de una leve ralentización del éxodo rural. “La pérdida de habitantes se ha paralizado ligeramente en estos últimos años”, afirma Jesús Casas, director general de Desarrollo DespoblamientoSostenible en el Medio Rural, del Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino (MARM). Pero, a vista de pájaro, el paisaje sigue estando hueco.

Ni las dificultades económicas temporales ni las segundas residencias -ni los llamados neo-rurales- devuelven realmente la vida a los pueblos: no son suficientes para crear tejido social. “No suponen un repoblamiento con dinámica propia”, explica el demógrafo. Y si en algo coinciden los expertos es que sigue haciendo falta, al margen de capitalinos que regresan de vacaciones y algunos escasos neo-rurales emprendedores, gente que se dedique a las labores tradicionales del campo. Porque los que quedan ya son ancianos y sus descendientes no pueden o no quieren continuar la tradición.

“La despoblación en España ha llegado a unos límites no admisibles”, vuelve a aseverar el director Malla tradicionalgeneral. Es el caso de Teruel, Soria o Zamora, donde hay verdaderos desiertos humanos. Algunas localidades tienen una densidad de un habitante por kilómetro cuadrado: una única persona en cientos de metros a la redonda. Se trata de promedios, naturalmente, pero son de los más bajos de Europa. La leve recuperación de pobladores rurales en los últimos años no parece estar desviando esta tendencia general, hermana gemela de la litoralización y el crecimiento de las grandes ciudades. “Seguimos yendo hacia una España muy poblada en la periferia y vacía en el interior”, apunta. Las ciudades se hacinan, el campo se vacía. La historia se repite y alimenta desde hace cinco décadas.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Set 08
-->

Torre en Castroverde

Aquí deixo un interesante texto publicado polos amigos do Patrimonio de castroverde, e concretamente por José Enrique Villarino Valdivielso. Unha reflexión máis sobre as utilidades e posibles usos da Torre.

Así leva moitos anos. Case desde sempre. Por suposto, desde que eu coñezo. Pero, a TORRE de Castroverde non pode -non debe- seguir así. Soa, baleira e inútil. Debe recuperar o papel que un monumento da súa categoría tivo, merece e merecen os que ao redor dela habitan, véndoa día tras día ergueita; reflectido nela o orgullo, a fidalguía, o señorío, gañado con suor, século tras século, gañado tras moito traballo e moitos sacrificios dos habitantes dese fermoso Vallis Viride romano, salpicado de castros onde moito antes habitaban pretéritos señores, desde as bravas terras do Monsciro e o Cuperio até onde as terras contiguas ao Chamoso case se funden co Pai Miño.

Nos tempos que corren para pór algo en valor hai que rescatar os beneficios da virtude. E virtudes para acoller variadas e boas cousas ten a nosa TORRE. Corren tempos desfavorables para todo aquilo que teña que ver cos diñeiros, e máis coas subvencións. Non podemos -non debemos- fialo todo nas axudas das institucións, sexan do Concello, a Xunta ou o Estado, aínda que teña que habelas. A sustentabilidade, hoxe de moda, non é outra cousa que a capacidade das persoas para perpetuar os recursos que os nosos devanceiros nos legaron. A TORRE debe valerse, no que poida, por si mesma e nós axudarlle a conseguilo. Como? Diso imos falar a continuación.

Deixemos aparte litixios sobre dominio, propiedade, usos do chan e demais xuricidades que lle afecten. Resóltas éstas, poñamos que as institucións, e o Concello á cabeza, deciden facer algo para garantir o seu futuro. Que facer? Pois algunha que outra idea se pode pór sobre a mesa para conversar, para falar e para debater, cousa sa onde as haxa. Ocórrenseme tres, que se resumen nunha , o xa devandito: PÓR EN VALOR A TORRE. Pór en valor a Torre é facer que ela, e por si mesma, xere os recursos que axuden a facer viables outras funcións menos comerciais e máis altruístas, xunto coas axudas permanentes que debe recibir das institucións autonómicas e nacionais, xa que as arcas do Concello non deben estar para moitas alegrías. As funcionalidades da TORRE estimo que son tres: A primeira, Vista da torreunha FUNCIONALIDADE COMERCIAL, de lecer e negocio, que provea de recursos a outras funcionalidades menos retribuibles. A segunda, unha FUNCIONALIDADE INSTITUCIONAL, a máis propia e identitaria, a histórica, resume do xenio das xentes da terra. Esta función é facer da TORRE un espazo de memoria e convivencia, aberto, de futuro para a comarca. A terceira FUNCIONALIDADE, FORMATIVA. Xunguir o pasado e o futuro mediante o coñecemento; aprender dos devanceiros para ser capaces de innovar, que non é outra cousa que anticiparse ao que vai vir mediante a capacidade de crear, de facer cousas novas. Todas elas poden e deben convivir nese único espazo de forma harmónica, ordenada e serena. Aquilo que non ten unha función, o que non serve para algo, acaba morrendo.

Por exemplo, o Concello, ou quen corresponda, pode habilitar unha concesión para a explotación dunha ACTIVIDADE COMERCIAL DE RESTAURACIÓN e/ou HOSTALEIRA, mellor ambas, dunha escala adecuada, preferentemente a algunha iniciativa local, mediante o correspondente “cánon”, non afogante, que debe acomodarse en contía e tempo ao Galiteiro, gaiteiro, guerreirodesenvolvemento e éxito paulatino da iniciativa. O importe debería aplicarse integramente no financiamento parcial das outras dúas funcionalidades. En segundo lugar, a Deputación debería financiar parcialmente tamén o acondicionamento duns espazos destinados a TALLER E MUSEO ETNOGRÁFICO e DE INTERPRETACIÓN do alto CAMIÑO PRIMITIVO e dos recursos turísticos da bisbarra, para que non só sexa un espazo morto, senón que o taller lle de vixencia e actualidade ás investigacións sobre o pasado, nun marco de recursos para poder desenvolver conferencias, congresos, etc sobre a comarca e o CAMIÑO PRIMITIVO e non só sobre a comarca. O CAMIÑO debe ser un eixo esencial nesta estratexia de dar contido á TORRE e a bisbarra, sen esquecer o papel primordial de ser tamén un lugar de encontro das xentes. A terceira funcionalidade podería concretarse, en estreita conexión coa anterior, nunha ESCOLA-TALLER, financiada con recursos da Xunta e a Deputación, onde raparigos e raparigas da zona aprendan oficios e saberes xa case perdidos e cuxos coñecementos se apliquen á restauración do patrimonio local, á vez que participen na súa restauración e comercialicen empresarialmente, a particulares e terceiros, os traballos en que se plasman estes saberes. Aquí xoga un importante papel de asesoramento e xestión a URG (Universidade Rural Galega).

A pouco que boten a andar estas tres iniciativas, unha tras da outra para non coller unha enchenta, cos investimentos previos de restauración e acondicionamento a cargo dos organismos citados implicados e a axuda das institucións onde non cheguen as actividades comerciais, e de todos nós, poderemos chegar a ver unha TORRE rexuvenecida, útil e refulxente. Espello de Castroverde no que nos miremos todos, orgullosos de que, garantida a súa permanencia, vai seguir sendo parte do noso almario onde habita a memoria non só da nosa paisaxe vivida, senón tamén do interior, do máis persoal e íntimo.

Setembro, 2009

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp