Mar 18

Este é un fragmento do documental “Contos de Polavila”, que forma parte da serie “A palabra no tempo”, producida por Nemedón S. L. O documental foi gravado no ano 2001 nos concellos da Pontenova e Riotorto.

Os concellos da Pontenova e de Riotorto posúen un importante patrimonio histórico e artístico, que coma noutros lugares corre o risco de desaparecer. O despoboamento das súas vilas e o dos seu lugares fai que se perdan tamén os contos. As cousas, as mentalidades… todo foi cambiando co paso do tempo. Como di o propio documental , “Se a aldea morre, morren os seus contos. E tamén ó reves. A vida non volverá ser como foi nestes lugares”.



Chuzame! A Facebook A Twitter

Un dixo a “Contos de Polavila”

  1. UndeTordea Dixo:

    a min o que máis me gustou foi o de mal de ollo, esa mestura de bruxería e feitos normais na vida rural, e ademais que se tomaba como algo que podía suceder facilmente, como un poder que xente tiña, tanto para botalo como para sacalo

Olark Livehelp